Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de marzo de 2019 | Leída 50 veces
NATACIÓN

XX Encontro Concello de Arteixo. Resultados

Este sábado día 9 celebrouse na Piscina Municipal de Arteixo un dos eventos máis importantes organizados polo Club Natación Sarval Arteixo e o Concello, o Encontro de Natación. Esta era a vixésima edición, e para celebrar ben o aniversario, batiuse o récord de asistencia, con unha participación de 210 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os seis e os catorce anos…

[Img #47879]

 

Foron seis os clubs invitados a esta competición, todos da zona metropolitana e de Ferrol. O Club gañador do XX Encontro de Natación Concello de Arteixo foi o Club Natación Sarval Arteixo con un total de 388 puntos, seguido do Club Natación Ferrol e do Club Natación Coruña.

 

A Clasificación por Clubs foi a seguinte

  • Club Natación Arteixo 388
  • Club Natación Ferrol 335
  • Club Natación Coruña 311,5
  • Club Del Mar 270,5
  • Club Natación Culleredo 247
  • A. D. Náutico De Narón 217,5

 

Neste trofeo premiábase aos tres primeiros clasificados de cada proba, tanto individual como de remudas. Participaban as categorías benxamín e alevín. Os deportistas do Club Natación Arteixo acadaron un total de 16 medallas (4 ouros, 6 pratas e 6 bronces). Dúas desas medallas foron nas remudas de 4x50 estilos de categoría alevín, ouro na masculina e na feminina. As remudas dos máis pequenos, de 4x25 libre acadaron o 4º e 5º posto.

 

Repartíronse agasallos a tódolos nadadores participantes, e tamén houbo detalles para os clubs ó final da competición.

 

Os encargados este ano de facer entrega dos agasallos e trofeos foron Don Carlos Calvelo, Exmo. Alcalde do Concello de Arteixo, e Dona Virginia Martínez, Presidenta do Club Natación Arteixo. 

 

Esta edición do Encontro foi un bo estreno da Piscina Municipal como instalación homologada pola FEGAN para facer competicións oficiais.

 

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress