Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de marzo de 2019 | Leída 32 veces
Deputación da Coruña

A Deputación apoia a formación científica e artística coa convocatoria de 40 bolsas para proxectos de investigación e perfeccionamento de estudos

Vinte bolsas para investigación e outras vinte para o perfeccionamento de estudos artísticos forman parte da oferta da área de Cultura da Deputación da Coruña no programa de apoio á formación para o que destina 340.000 €. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 5 de abril as 14:00...

[Img #47842]

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña convoca Vinte bolsas para investigación en distintos ámbitos e outras vinte para o perfeccionamento de estudos artísticos nun programa de apoio á formación que está dotado con 340.000 €.

 

Apoiar a investigación en distintos ámbitos e contribuír ao perfeccionamento de estudos artísticos en centros de referencia é o obxectivo da nova convocatoria de bolsas da Deputación da Coruña que este luns día 4 de marzo publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP). En total, son corenta bolsas, vinte para as distintas disciplinas artísticas e vinte para proxectos de investigación que inclúen especialidades de recente creación como Xénero, Planificación Sociolingüística da lingua galega e Políticas Culturais.

 

Para as bolsas de investigación, a Deputación da Coruña contempla un orzamento de 160.000 euros para sufragar os custes de até 20 proxectos de investigación en que se aborden temas de interese de acordo á realidade social, cultural, económica e política galega na actualidade. Así, a institución contribuirá con 8.000 euros o desenvolvemento duns traballos cuxo período de realización deberá posuír unha duración mínima de nove meses.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín, destaca o "relevante retorno social, cultural e económico da investigación en distintos ámbitos de especial interese como son as ciencias da saúde, as ciencias sociais ou xurídicas ou as novas modalidades de xénero, planificación sociolingüística e políticas culturais", sinalou.

 

O prazo para participar na convocatoria está aberto até o vindeiro día 5 de abril  (14:00 horas) para presentar proxectos de investigación dentro dalgunha das oito áreas do coñecemento desta nova edición. A Deputación da Coruña concederá 3 bolsas para cada unha das seguintes áreas: Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias, Ciencias da Saúde e Artes e Humanidades. Do mesmo xeito convoca dúas bolsas -por modalidade- para estudos centrados nas áreas de Enxeñaría e Arquitectura, os Estudos de Xénero, Planificación Sociolingüística da lingua galega ou Políticas Culturais.

 

20 bolsas para completar a formación de estudos artísticos

Así mesmo, a área de Cultura da Deputación destina este ano 180.000 euros para sufragar vinte bolsas formativas -repartidas en seis modalidades- para aquelas persoas, que queiran completar e actualizar os seus estudos artísticos en centros de referencia de fóra de Galiza.

 

"As bolsas de perfeccionamento artístico son claves para completar a formación nun ámbito especialmente custoso e que non conta coas axudas que se precisarían. Cada ano, vinte persoas perfeccionan os seus estudos artísticos en centros de referencia grazas a este apoio que forma parte das traxectorias de importantes nomes da cultura galega", destacou Goretti Sanmartín.

 

Neste sentido, cada unha das persoas solicitantes poderá acceder a unha axuda económica de 9.000 euros para completar a súa formación no ámbito da música (8 bolsas), o teatro e interpretación (3 bolsas), as artes plásticas e visuais (3 bolsas), a danza e as artes do movemento (2 bolsas), o audiovisual (2 bolsas) ou as áreas da ilustración e a banda deseñada (2 bolsas). O prazo para presentar as solicitudes rematará ás 14:00 horas do vindeiro 5 de abril.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress