Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 1 de mayo de 2018 | Leída 149 veces

O alcalde felicitou a Carmen Rodríguez García polo seu 101 aniversario

José Manuel López Varela agasallouna en nome da Corporación municipal. É natural de San Cristovo e actualmente reside en A Calvela, na parroquia de Golmar...

[Img #45486]

 

A señora Carmen Rodríguez García festexou na pasada fin de semana o seu 101 aniversario.

 

Carmen neceu en San Cristovo (parroquia de Golmar) o 27 de abril de 1917. Viviu durante moitos anos no municipio de Oleiros ata que no pasado mes de xuño regresou ao Concello da Laracha para residir actualmente no lugar de A Calvela (tamén, en Golmar), nunha vivenda do matrimonio formado pola súa sobriña-neta, María Jesús Rodríguez, e o seu marido César Verdía.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e as concelleiras Rocío López e Cristina Vieites, felicitárona en persoa e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

Na foto, xunto a Carmen, están sentadas a súa sobriña Mercedes e as nenas Candela e Iria, fillas de María Jesús Rodríguez (a sobriña-neta de Carmen), que está de pé xunto ao alcalde e as dúas concelleiras.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress