Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 19 de abril de 2018 | Leída 256 veces

O concello firmou onte convenios con once centros educativos para desenrolar o proxecto Arteixo Innovación no 2018

Once centros escolares do municipio crearán así novos proxectos relacionados coa tecnoloxía da información no eido educativo. Un dos proxectos que se desenrola este ano dentro de Arteixo Innovación en colaboración coa Universidade de Santiago solicitará que as aplicacións de Google normalicen a toponimia de Arteixo (actualmente utilizan Arteijo)…

[Img #45352]

 

O concello de Arteixo firmou onte sendos convenios con once centros educativos do concello, que acceden así as axudas que se conceden no municipio dentro do proxecto Arteixo Innovación por un total de 180.500 euros. Os centros educativos poderán desenrolar con estes cartos diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar. A finais de curso o departamento de Educación do concello organizará o denominado Encontro de Experiencias sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación que se desenvolverá no centro Arteixo Innovación, onde se darán a coñecer os proxectos que se levan a cabo nos centros de ensino do concello de Arteixo a través do proxecto. Estas xornadas complementaranse cunha exposición e actividades para alumnos de primaria.

 

Os profesores dos distintos centros de Arteixo son os encargados de transmiti-las súas experiencias coas TIC como ferramenta para a educación e como medio para facer chegar os seus coñecementos ós seus alumnos. O departamento de Educación que dirixe Celina Varela aposta firmemente pola tecnoloxía como medio para o progreso e para o ensino e se convirte en apoio para que os centros escolares dispoñan dos elementos necesarios para a aplicar.

 

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a concelleira de Educación, Celina Varela, firmaron despois desta aprobación oficial con once directores de outros tantos centros educativos un convenio para impulsar entre os seus alumnos as tecnoloxías da información e a comunicación. A inversión é de 180.500 euros servirá para impulsar proxectos tecnolóxicos nos  centros. Son todos os que presentaron un proxecto educativo para optar a estas axudas económicas.

 

Os 180.500 euros servirán para que os centros educativos invistan no suministro de material tecnolóxico, servizos de mantemento ou configuración do equipamento tecnolóxico e gastos de licenzas de programas ou apps específicas.

 

Petición a Google

Onte tamén visitou o concello unha representación do estudantes do IES Manuel Murguía, acompañados dunha docente do centro, Teresa Seara, e de dúas docentes e investigadoras da USC, Gabriela Prego e Luz Zaz. O motivo da visita era solicitar en colaboración co concello que as aplicacións de Google normalicen o topónimo de Arteixo (en lugar de Arteijo). O alcalde do Concello de Arteixo, Carlos Calvelo, a través do servicio de normalización lingüística do concello apoiará esta iniciativa dos estudantes para que se normalice o topónimo nestas aplicacións. Esta solicitude forma parte da investigación-participativa “GrafiTIC a nosa paisaxe lingüística. Graffiteamos o polígono”, no marco do proxecto I+D+I da Universidade de Santiago de Compostela:

 

  • Superdiversidad lingüística en áreas periurbanas.
  • Análisis escalar de procesos sociolingüísticos y desarrollo de la conciencia metalingüística en aulas multilingües.
  • FFI2016-76425-P (I+D+I) subvencionado polo Ministerio de Economía y Competitividad).

 

Esta iniciativa está dentro tamén do proxecto municipal Arteixo Innovación e está dirixido no IES Manuel Murguía polas profesoras da USC, Gabriela Prego e Luz Zas, e os docentes do IES Manuel Murguía Begoña Campos (Directora do Centro) Teresa Seara (IES Manuel Murguía) e Miguel Gómez Duaso (coordinador TIC IES Manuel Murguía.

 

O obxectivo de GrafiTIC a nosa paisaxe lingüística é elaborar un corpus xeolocalizado das linguas da paisaxe lingüística (cartelería e mensaxes escritas no espazo público) da contorna do IES Manuel Murguía e da zona centro de Arteixo e contrastalo coa paisaxe lingüística da memoria (a toponimia tradicional destas áreas). Utilízase a ferramenta TIC-TAC-TEP denominada MAVEL, un recurso de xeolocalización desenvolvido pola equipa de investigación da USC, axeitado para xeolocalización da Paisaxe Lingüística. O desenvolvemento desta actividade propicia a reflexión metalingüística mediada polas tecnoloxías. A finalidade é contribuir a formar cidadáns máis comprometidos e respetuosos coa diversidade lingüística a través da análise e reflexión metalingüística mediada polas tecnoloxías.

 

Os docentes do IES Manuel Murguía que participan son: Begoña Campos (Directora do Centro), Teresa Seara (IES Manuel Murguía), Miguel Gómez Duaso (coordinador TIC IES Manuel Murguía). A equipa do proxecto de investigación no que se enmarca: Superdiversidad lingüística en áreas periurbanas. Análisis escalar de procesos sociolingüísticos y desarrollo de la conciencia metalingüística en aulas multilingües. FFI2016-76425-P. I+D+I Ministerio de Economía y Competitividad, está formado por investigadoras e investigadores especializados na análise do multilingüismo de diferentes universidades. Equipa: Gabriela Prego (Investigadora Principal) (USC), Luz Zas (USC), Modesto Rodríguez (USC), Elena Rivas (USC), Miguel Ángel López Rodríguez (USC), Cristina González (USC),  Luisa Martín-Rojo(UAM), Olga Cruz (UPO), Adil Moustaoui (UCM), Renée DePalma (UDC), Ofelia García (CUNY,New York), Ana Isabel Andrade (Universidade de Abeiro), Begoña Campos Souto (IES Manuel Murguía).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress