Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 1 de junio de 2016 | Leída 161 veces

Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco, celebrou o seu 100 aniversario

En compañía dos seus familiares. O alcalde agasallouna en nome da Corporación municipal. No Concello da Laracha sete persoas superan os cen anos de idade...

[Img #38356]Unha nova veciña do Concello da Laracha superou o século de vida. A señora Jesusa Castiñeira González –coñecida como Jesusa a Cociñeira, xa que exerceu esa profesión no primeiro grupo escolar da Laracha- celebrou o seu 100 aniversario nun restaurante acompañada dos seus familiares.

 

Jesusa reside en Paiosaco xunto á súa filla Lita, o seu xenro Pepe Regueira e dous netos, Héctor e Mónica. Na festa de cumpreanos tamén estiveron as súas outras fillas, Otilia e Dolores. Ademais, a súa neta Montserrat, cos seus bisnetos Nicolás, Álex e Laura, viaxaron desde Suiza para acompañala nesta data. E tamén a súa outra neta, Natividad, se desprazou desde Granada.

 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e o concelleiro Ramiro Bello felicitaron a Jesusa polo seu aniversario e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

O Concello da Laracha conta entre os seus veciños con sete persoas que superaron o século de vida, das cales cinco son mulleres e dous, varóns.

 

[Img #38357]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress