Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 27 de abril de 2013 | Leída 3008 veces
ARTEIXO

Arteixo ten unha radio con nome propio, “RADIO FUROCA”

No IES de Pastoriza contan cunha radio e unha programación propia, feita por e para eles, pero que todas as xentes de Arteixo, deberían coñecer. Xa van sete anos dende que comezaron, e os que lles quedan!. Onte achegámonos ao instituto para vivir o seu programa diario en directo…

[Img #21666]

O alumnado do IES de Pastoriza, en Arteixo, tódolos días preparan e emiten á hora do recreo o seu programa radiofónico. Son rapazas e rapaces comprometidos e responsables, prefiren traballar nesa actividade e sacrificar o recreo, a calquera outra cousa. Traballan concienzudamente o espazo que cada un ten.

A Directora do instituto Toña Pascual, atendeunos moi amablemente e convidounos a asistir á emisión dun dos programas que dende alí se fai, en Radio Furoca, a radio do instituto. Alumnas e alumnos que, quen sabe se o día de mañá, poida que cheguen a traballar nun medio de comunicación nacional, pero o que de seguro non esquecerán, é que comezaron en Radio Furoca.

Como ben nos apuntaban onte, pasan os cursos, pasan os anos, van e veñen alumnos… pero o que permañece sempre no corazón e na mente de quen por alí cursou estudos, é precisamente, Radio Furoca, xa que se definen, e son, porque o vivimos así onte, unha gran familia.


Baixo a batuta de Luis Miguel Herrero, quen se ocupa da dirección da emisora e do equipo técnico, todos e cada un dos “xoves periodistas”, defenden a súa parcela, dende a investigación, pasando pola redacción da nova, ata a súa emisión.

[Img #21667]Onte o programa tiñas estes contidos, Vitaminas del corazón (Alba e Anaís), As nosas mascotas (Adrián e Erena), Concello paso a paso (Paula e Yoana), Nous allóns a París (Nicoleta), Antena a Marruecos (Ibrahim), Peli de la semana (Noa e Ainhoa), Planeta tráfico (Sandra), Rincón de la risa (Cristina e Nerea). Onte Gabriela, que tiña que ter o espazo Vitaminas para el corazón, non puido estar, pero en Radio Furoca non se esqueceron dela e, pasamos a reproducir o que ela ía emitir…”Hoy en vitaminas para el corazón, vamos a hablar del fracaso escolar. Dos palabras que nos aterrorizan a todos los estudiantes, y lo vemos cada lunes y cada viernes, cada mañana en cualquier parte del mundo hay un estudiante que se rinde, que decide tirar sus años de estudio a la papelera, que siente que no puede más. Es cierto, ser estudiante no es tan fácil como parece, hay asignaturas que se nos atrancan, dichosas matemáticas; o historias del siglo pasado que sinceramente no nos importan, y nos cuesta memorizar, pero intentémoslo, luchemos por saber más y más porque la sabiduría no ocupa lugar, es más la necesitamos para defender nuestros derechos como estudiantes, defendamos lo que es nuestro. Y es que veréis, a nivel [Img #21668]europeo estamos de los primeros en la lista de fracaso escolar, y parece que para acabar con este fracaso hay que instaurar la nueva ley de educación, una ley que apenas somos capaces de pronunciar y con la que ninguno estamos de acuerdo, porque creemos que retrocederíamos unos pasos hacia atrás, y sería como perder parte de un derecho que nos ha costado mucho ganar. Así que ya sabéis, tomad muchas vitaminas para vuestro corazón y no dejéis que nadie os quite vuestra educación, ella es el pasaje para un futuro mejor”.

Queda patente que Radio Furoca é moito máis que unha radio, é un xeito moi efectivo na aprendizaxe, fomenta os valores e, case sen un darse conta, apréndese moito máis que nalgúns libros, practican corresponsabilidade, solidariedade, escritura, dicción, memoria, investigación, redacción… E todo iso con poucos medios, pero con moita ilusión, gañas e corazón. Contan co apoio do Concello de Arteixo, Deputación da Coruña, e alguha que outra empresa, coma Repsol, que colaborou na edición duns libros que, moi xentilmente, nos agasallaron para poder ser testigos do seu traballo.

Se alguna vez as vosas fillas e fillos, din que teñen que preparar o programa de radio… mirade o que fan, verdadeiramente encomiable o seu traballo, non pensedes que están xogando… están aprendendo e traballando.

Moitas felicidades e longa vida a Radio Furoca. Para máis información aquí tedes o seu enlace http://radiofuroca.blogspot.com.es/

Botádelle un ollo. Ah! e tamén teñen televisión http://vimeo.com/user10692732/videos. Non será a última vez que teñades novas deste Instituto… estade atentos a este Noticieiro de Arteixo

--

ENLACE DEL VIDEO:  https://vimeo.com/64906274

--

[swf object]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
3 Comentarios
Fecha: Martes, 30 de abril de 2013 a las 12:09
Toña Pascual
Moitisimas grazas por este estupendo reportaxe sobre o traballo dos nosos alumn@s e profesores. Dende o equipo directivo é un placer traballar con vos e como di Luis Miguel tedes as portas abertas do centro para o que precisedes.
Fecha: Sábado, 27 de abril de 2013 a las 21:41
Manuela Canosa
Gracias Noticiero de Arteixo por tan excelente reportaxe, un merecido recoñecemento á dedicación e esforzo dos rapaces e profesores que sacrifican o seu tempo de lecer. Son testemuña dos seus primeiros pasos e as ilusións dos primeiros programas, perviven nos actuais, sodes marabillosos rapeces. Parabéns aos profesores por ese xeito motivodor e entusiaste de enseñar. Unha experiencia que debe ser coñecida más alá do noso Concello.
Fecha: Sábado, 27 de abril de 2013 a las 21:10
Radio Furoca
Me ha emocionado el reportaje que nos habéis grabado. Tenéis nuestas puertas abierta de par en par, las del Insti y las de nuestro corzaón. No ha y palabras para agradeceros lo que habéis hecho, GRAAAAACIAS

El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress