Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
RSS de la sección A Laracha [RSS A Laracha]

Domingo, 17 de diciembre de 2017

O programa municipal de nadal inclúe diversidade de actividades para todos os públicos

Haberá propostas especialmente dirixidas aos nenos para a práctica totalidade dos días laborables durante as vacacións nos centros de ensino. O obxectivo é optimizar o tempo libre, axudar á conciliación das familias e apoiar ao comercio local e ás asociacións culturais do municipio. O festival de teatro infantil principiou onte na Casa da Cultura...

Sábado, 16 de diciembre de 2017

O Pleno tratará o martes a proposta do goberno local para destinar os fondos DO POS+2018

Con cargo a este programa o Concello da Laracha percibirá en total 1,1 millóns de euros máis 314.000 previstos no complementario. Os investimentos destinaríanse á mellora da rede viaria municipal. 376.000 euros dedicaríase a gasto corrente...

Viernes, 15 de diciembre de 2017

Outorgados os premios dos concursos de postais e contos de nadal

O xurado reuniuse onte na biblioteca municipal da Laracha para valorar os máis de trescentos traballos presentados. Os premios (xogos e material educativo) entregaranse nun acto público que se celebrará o venres 22 de decembro na Casa da Cultura...

Domingo, 10 de diciembre de 2017

O Concello aumenta as prazas de estacionamento reservadas para diversos funcionais

Foron creados tres novos espazos en puntos estratéxicos da capital municipal. Os vehículos que contan co cartón de aparcadoiro especial para persoas con mobilidade reducida poden estacionar na zona azul sen restriccións temporais. O Concello tamén instalou aparcabicis no IES Agra de Leborís e na piscina...

Viernes, 8 de diciembre de 2017

O Concello amplía a rede de abastecemento nas parroquias de Coiro e Soandres

Dotarase con ese servizo aos núcleos de Revirente e A Ameixeira. Investiranse máis de 20.000 euros procedentes de fondos propios municipais. A ampliación da cobertura da traída de auga é prioritaria para o goberno local...

Martes, 5 de diciembre de 2017

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa de termalismo do Imserso

As instancias poden presentarse no departamento de servizos sociais do Concello da Laracha. A iniciativa ten por finalidade mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores...

Domingo, 3 de diciembre de 2017

O Concello convoca as novas edicións dos concursos de panxoliñas, escaparates, postais e contos de nadal

Os prazos de inscrición abrirase nos próximos días. O de escaparates vai dirixido aos establecementos comerciais. As asociacións e coros parroquiais serán as protagonistas do de panxoliñas. Os alumnos dos colexios están convidados a participar nos concursos de postais e conto...

Viernes, 1 de diciembre de 2017

O SERGAS soamente aboará 1.041 € en concepto de ICIO polo proxecto de ampliación do centro médico da Laracha

O Pleno aprobou onte, por unanimidade, declarar a obra de especial interese e aplicar unha bonificación do 95% nese imposto municipal. Tamén se deu conta do informe do período medio de pagamento do terceiro trimestre do ano e das resolucións de alcaldía. A sesión comezou coa lectura da declaracións institucional en rexeitamento da violencia de xénero...

Martes, 28 de noviembre de 2017

A Xunta rematará o vindeiro verán a senda peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo que conta cun investimento de case 1 M €

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 9 meses, consisten na construción dun itinerario para peóns e para bicicletas pola marxe esquerda da estrada, ao longo de case 2 quilómetros. Vázquez Mourelle subliñou tamén o outro itinerario é unha vía de uso compartido, peonil e ciclista, que dará continuidade ás beirarrúas xa existentes, comunicando as zonas onde se concentran os principais equipamentos; e no que se está a investir uns 700.000 €. Estas dúas actuacións enmárcanse no Plan de Sendas da comarca de Bergantiños, no que se avanza de maneira decidida e no que se prevé a construción de 7 novas sendas que suman 11 quilómetros e que supoñen un investimento próximo aos 5 M€. Ethel Vázquez destacou que esta é a comarca galega na que a execución deste Plan está máis adiantado...

Sábado, 25 de noviembre de 2017

O SERGAS beneficiarase dunha bonificación do 95% no ICIO da obra de ampliación do centro médico da Laracha

O proxecto está valorado en 1,2 millóns de euros. Esta cuestión foi sometida a ditame da Comisión Informativa e será elevada ao Pleno ordinario do próximo xoves. Tamén se deu conta do informe do período medio de pagamento do terceiro trimestre do ano...

Domingo, 17 de diciembre de 2017

Comezan a executarse as obras de ampliación e mellora da calzada entre Vista Alegre á AC-523

Na parroquia de Soandres. As actuacións están valoradas en máis de 92.000 euros e son financiadas pola Consellería de Medio Rural. O tramo afectado alcanza unha distancia de 1.080 metros e pasará a ter unha anchura mínima de seis metros e máxima de oito...

Sábado, 16 de diciembre de 2017

O programa municipal de nadal comezou onte con teatro infantil dirixido aos centros de ensino

Redrum Teatro pon en escena os seus espectáculos A nena que quería navegar e Roedores. Asistirán en total máis de 800 alumnos dos colexios do municipio. Cada xornada complétase coa visita de Papá Noel...

Jueves, 14 de diciembre de 2017

Caión acolleu a clausura do proxecto Morada Atlántica promovido polos GALP Costa da Morte e Costa Sostible

As principais accións desenvolvidas foron a elaboración dun recetario de cociña atlántica, creación dunha rede de hostaleiros e posta en marcha da rede de espazos museísticos atlánticos. José Manuel López Varela agarda que a iniciativa dea un impulso ao turismo xerador de riqueza. A Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro valorou a importancia da cooperación nunha acción destas características...

Sábado, 9 de diciembre de 2017

O Concello e Ecoembes reforzarán a cobertura de colectores de recollida selectiva nos núcleos urbanos

A citada sociedade achegará máis de seis mil euros. O Concello financiará con eles a adquisición de colectores de envases e papel-cartón. Preténdese facilitar a reciclaxe e incrementar as porcentaxes de recuperación...

Jueves, 7 de diciembre de 2017

A Aula Lúdica municipal ampliará o seu horario durante o Nadal

Funcionará tanto pola mañá como pola tarde. Ademais, neste ano ofrecerase o servizo Madrugadores durante as festas no caso de alcanzarse o mínimo de quince usuarios. O Concello presta esta axuda á conciliación a través do programa Harmoniza...

Domingo, 3 de diciembre de 2017

A Laracha liderará un proxecto europeo centrado na promoción do emprendemento xuvenil

Titúlase Emprendurismo Social: Innovación & Desarrollo e é financiado polo Instituto de la Juventud e apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do programa Erasmus+. Pretende a promoción da mobilidade xuvenil por motivos de aprendizaxe. Os trece socios de diferentes países participarán nunha visita de estudo na localidade rusa de Vladimir do 23 ao 28 de xaneiro...

Sábado, 2 de diciembre de 2017

A obra social “La Caixa” achega 5.000 euros para o desenvolvemento de actividades de inclusión social

O director da oficina de “la Caixa” da Laracha, Rubén Javier Soto Varela, e o alcalde, José Manuel López Varela, asinaron onte o convenio. Tamén participaron no acto a concelleira Rocío López e a subdirectora da oficina de “la Caixa” da Laracha, Yolanda González. As actividades a realizar terán por finalidade promover que todos os cidadáns sexan protagonistas dun modelo de sociedade incluínte...

Jueves, 30 de noviembre de 2017

A construción dos vestiarios completará o proxecto do pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha

O Concello da Laracha inviste 54.000 euros nesta actuación, que tamén inclúe o acondicionamento dun almacén. Estase a realizar no espazo baixo o graderío. As obras non afectan ás pistas, polo que a instalación pode empregarse ao mesmo tempo con normalidade...

Domingo, 26 de noviembre de 2017

O Concello requiriu no que vai de ano a 171 propietarios de parcelas para acometer a súa limpeza

O obxectivo é mantelas en boas condicións de conservación, hixiene e salubridade, especialmente nas fincas situadas en zonas residenciais. Tamén foron incoados 32 expedientes de tala de árbores. No caso de incumprimento, o Concello realiza subsidiariamente os traballos, asumindo o titular os custes, ademais dunha posible sanción administrativa...

Sábado, 25 de noviembre de 2017

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Son centos de miles as mulleres que, aínda hoxe, sofren violencia só polo feito de que hai homes que se consideran superiores e intentan demostrar a súa supremacía utilizando toda clase de violencia...
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress