Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies

ARTEIXO

A Xunta adxudica as obras de ampliación na travesía de Vilarrodís, no concello de Arteixo, por un investimento de preto de 885.000 euros

Estes traballos serán levados a cabo pola empresa Arias Infraestruturas S.A. e contan cun prazo de execución duns 6 meses. A intervención na travesía da estrada A Coruña–Cee (AC-552) iníciase antes da intersección coa rúa Teresa de Calcuta e finaliza no cruce coa rúa Reconquista. Os traballos ampliarán a plataforma da vía pola súa marxe dereita e dotarán á estrada en sentido Fisterra dun segundo carril e a correspondente beiravía. Para favorecer a seguridade viaria na intersección coa travesía da Groufa proxéctase unha glorieta nese cruce. Con esta actuación o Goberno galego segue a apostar pola mellora da seguridade viaria, que redundan na mellora da calidade de vida da cidadanía...

GALICIA

A Xunta convoca 1.600 prazas en estadías para que o alumnado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras

A Consellería sufragará entre o 87% e o 50% do custo destas actividades. O prazo de solicitude ábrese mañá 21 de febreiro. As estadías formativas, segundo a diversa oferta de actividades, desenvolveranse en réxime residencial en Galicia ou ben en familia ou residencia no estranxeiro...

GALICIA

Conde destaca que Galicia Open Future busca ser a ponte entre as grandes empresas e as 'startups' para impulsar o salto dixital do tecido produtivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo onte en Santiago de Compostela un encontro coa empresa gañadora do reto proposto por Coren dentro desta aceleradora que a Xunta impulsa con Telefónica. A 'startup' Ymaging será a encargada de realizar un piloto real para a cooperativa ourensá e terá acceso a axudas e préstamos de ata 130.000 euros...

El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress