Martes, 21 junio 2011

O DOG publica a convocatoria de cursos para os empregados da administración de xustiza

Enviar por email

Cada curso terá un 25% de horas prácticas, e increméntase a porcentaxe de cursos na modalidade de teleformación...

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de onte as accións formativas para os empregados públicos da Administración de Xustiza de Galicia, que vai levar a cabo a Escola Galega de Administración Pública, e nas que resaltan que cada un dos cursos que se van impartir terá un 25% de horas prácticas, tal e como viñan demandando os empregados públicos.


A Administración pública en xeral, e a Administración de Xustiza en particular, deben contar cuns servizos áxiles, accesibles e próximos aos cidadáns, que dean resposta ás súas demandas e problemas. E, para cumprir con este obxectivo, os empregados públicos son o principal activo e deben converterse no factor decisivo para lograr unha Administración máis doada, áxil e eficaz.


Polo tanto, dende a Escola Galega de Administración Pública pretendese potenciar a modernización, calidade e profesionalización da Administración a través da formación dos empregados públicos.


Os cursos que se levarán a cabo abranguen varias áreas coma A nova Oficina Xudicial, Formación sobre o traballo nos servizos comúns xerais, A organización sindical, Información e atención ao cidadán, Xénero e igualdade na Administración de Xustiza, Prevención de riscos laborais e Violencia de xénero e familiar, así coma cursos sobre o Dereito Civil de Galicia, Execución Civil, iniciación á Administración electrónica e Seguridade da Información e protección de datos, entre outros. Ademais, tamén se impartirán cursos de lingua inglesa.


A maioría dos cursos serán impartidos na modalidade de teleformación, aínda que tamén se impartirán cursos presenciais en Santiago, na propia sede da Escola, en Ourense, A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra e Vigo. Cada acción formativa terá como mínimo un 25% de horas de carácter practico.


Os cursos están dirixidos aos empregados públicos dos corpos de xestión procesual, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, e médicos forenses na Administración de Xustiza de Galicia.


O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de matricula telemática que está dispoñible na zona de matrícula na páxina http://egap.xunta.es, non sendo admisibles outras formas nin modelos de solicitude de matrícula.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS