Lunes, 20 junio 2011

Máis de 124.500 persoas e 4.748 empresas se beneficiaron das actuacións cofinanciadas polo FSE en Galicia no ano 2010

Enviar por email

Santiago acollerá o vindeiro martes a celebración do Comité de Seguimento do Fondo Social Europeo (FSE) de Galicia 2007-2013...

Un total de 124.573 persoas e 4.748 empresas se beneficiaron das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) en Galicia durante o ano 2010.


Unha gran parte do total foron empregados que melloraron a súa situación laboral, grazas á asistencia a cursos de formación; ás axudas ao desemprego ou ao autoemprego; aos itinerarios de inserción laboral; e as axudas á conciliación da vida familia e laboral entre outros.


Neste sentido, cabe destacar que como consecuencia da participación nas actuacións do Fondo Social Europeo, no referido á inserción laboral, 6.938 persoas accederon a un contrato de traballo.


Santiago acollerá o vindeiro martes 21, a celebración do Comité de Seguimento do Programa Operativo do Fondo Social Europeo-Galicia 2007-2013. A reunión contará coa presenza de representantes da Administración Autonómica, da Comisión Europea, e da Unidade Administradora do FSE do Ministerio de Trabajo e Inmigración.


Temas a abordar polo Comité de Seguimento
Durante a celebración deste Comité de Seguimento, someterase a estudo o Informe de execución da anualidade 2010 para a súa posterior aprobación; así como a situación do Programa Operativo en relación ao cumprimento da Regra n+2 referida ao uso das dotacións financeiras dese Programa.


Tamén se analizarán as propostas de modificación do Programa Operativo e dos criterios de selección das operacións a desenvolver.


Finalmente, analizarase a aplicación e seguimento do Plan de Comunicación, así como cuestións relativas á avaliación e seguimento estratéxico do PO do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013 entre outros temas.


A celebración do Comité é unha actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco no Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013 con cargo ao Eixe 5 de Asistencia Técnica deste fondo.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS