Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de febrero de 2011 | Leída 154 veces

LARACHA

O proxecto do campo de fútbol de Caión adxudicarase antes do verán

O convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello da Laracha foi asinado hoxe martes. José Manuel López Varela: “Con esta actuación completamos un círculo importante no que se refire ás instalacións deportivas municipais”...


[Img #8278]A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Laracha asinaron onte martes o convenio de colaboración para a construción do campo de fútbol de Caión. O acto celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Laracha. O acordo foi rubricado por D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte, e D. José Manuel López Varela, Alcalde do Concello da Laracha.

O convenio establece que a Secretaría Xeral para o Deporte financiará integramente, en dúas anualidades, a construción da nova instalación deportiva, que vai ser creada no lugar de Xermaña, unha zona con excelentes comunicacións viarias e cun carácter eminentemente deportivo, xa que tamén alberga o pavillón municipal desta parroquia larachesa.

O proxecto do campo de fútbol de Caión está valorado en 1.050.000 euros. O terreo de xogo será de céspede sintético de última xeración e disporá do equipamento necesario para disputarse encontros de fútbol e de fútbol-7. O graderío será cuberto e cunha capacidade para douscentos espectadores. Na parte baixa desa edificación habilitaranse os vestiarios (dous para equipos e outros dous para árbitros), aseos para o público, almacéns e un ambigú. Salientar, tamén, que a instalación contará con catro torretas de iluminación e que o peche perimetral da parcela será construído con pedra –a maior parte, procedente da propia escavación do terreo- para minimizar o impacto visual no terreo.

José Ramón Lete afirmou que, co financiamento desta actuación, a Secretaría Xeral para o Deporte “ratifica o seu compromiso e o apoio ao tecido deportivo” coa mellora das instalacións deportivas municipais, destacando que, nunha época coas complicacións económicas actuais foi preciso facer “un esforzo importante, pero que paga a pena”. Tendo en conta as características do proxecto, cualificou o futuro campo de fútbol de Caión como “unha instalación intelixente” dado que “se encadrará moi ben na topografía do terreo e será respectuosa co entorno e co medio ambiente”.

Por último, o Secretario Xeral para o Deporte avanzou que a previsión é que durante o mes de marzo o proxecto sexa sacado a licitación e que dous meses despois a obra xa podería estar adxudicada. O prazo de execución é de oito meses, polo que o campo de fútbol estará operativo en 2012.

Pola súa parte, José Manuel López Varela, Alcalde do Concello da Laracha, lembrou que “dispoñer dun campo de fútbol municipal en Caión era unha vella aspiración dos veciños da parroquia” e fixo un percorrido polas instalacións deportivas de titularidade pública que existen no concello, destacando que “nos tres núcleos urbanos –A Laracha, Paiosaco e Caión- teremos campos de fútbol e xa dispoñemos de pavillóns polideportivos” ao que engade “a piscina municipal da Laracha coa sala de hidroterapia que está a punto de estrearse, as novas pistas de pádel, tamén da Laracha, e as pistas descubertas existentes en diferentes parroquias”, polo que coa actuación que financiará a Secretaría Xeral para o Deporte “completamos un círculo importante no que se refire a instalación deportivas no municipio”.

O Alcalde tamén recordou que o equipo de fútbol de Caión, o Club do Mar, está a facer unha “labor exemplar” e que superar os 600 socios nunha localidade de apenas 900 habitantes conforma un “fito social”. O novo campo de fútbol permitirá “potenciar a práctica deste deporte e que o Club do Mar poida comezar a funcionar coas categorías de base”.

López Varela rematou a súa intervención agradecendo a visita do Secretario Xeral para o Deporte e a “aposta pola Laracha que desde o primeiro momento demostrou a Xunta de Galicia, que permitirá cumprir o soño e as ilusións dos veciños de Caión”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress