Martes, 16 marzo 2010

Betanzos conta cun área de rehabilitación dende 2002

Enviar por email

O IGVS adquirirá edificios en mal estado do casco histórico de Betanzos para rehabilitalos e destinalos a vivendas de promoción pública...

[Img #1847]O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adquirirá edificios en mal estado no casco histórico de Betanzos para posteriormente rehabilitalos e cualificar como de promoción pública as vivendas resultantes.

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Antonio Boné, visitou hoxe o casco vello de Betanzos, en compaña da alcaldesa, María Dolores Faraldo, para coñecer in situ o estado do mesmo e a situación dos edificios en peor estado e que serían susceptibles de rehabilitación por parte da administración autonómica.

O Concello de Betanzos identificará os edificios que poderían ser adquiridos polo IGVS para que posteriormente este organismo escolla os que mellor se adapten ao programa de rehabilitación e ao orzamento existente para esta actuación. O IGVS encargarase da adquisición dos edificios seleccionados e a súa posterior rehabilitación, que en ambos casos será financiada con fondos propios. As vivendas resultantes serán cualificadas como vivendas de promoción pública en conxuntos históricos, podéndose destinar ao alugueiro ou á venda.

O IGVS seleccionará actuacións que sirvan como exemplo para a iniciativa privada, buscando desta maneira dinamizar a rehabilitación de edificios e vivendas por parte dos seus propietarios, apoiados pola axudas establecidas para a área de rehabilitación e tamén polas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos, financiadas exclusivamente con fondos autonómicos.

Betanzos conta cunha área de rehabilitación do conxuntos histórico declarada en 2002. Dende entón, nos sucesivos convenios anuais de áreas de rehabilitación incluíronse un total de 116 vivendas, prevíndose que o número total se incremente con outras 14 con cargo aos obxectivos de 2010.

Axudas para a rehabilitación
O Plan de Vivenda establece tres tipos de áreas de rehabilitación:
  •   Áreas de rehabilitación, situadas en zonas urbanas pero fóra dos cascos históricos
  •  Áreas de rehabilitación en conxuntos históricos, que son a meirande parte das galegas.
  •  Áreas de rehabilitación en núcleos rurais.
Os propietarios de edificios e vivendas emprazados nas áreas de rehabilitación, cunha antigüidade superior a 10 anos e destinados a residencia habitual e permanente do propietario ou ao alugueiro, poden acceder a axudas de ata 11.600 por actuación.
Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos ou núcleos rurais a subvención pode acadar o 75 por cento do presuposto, co límite indicado de 11.600 euros. Nas restantes áreas, nas que non existen os condicionantes das zonas históricas e rurais, a porcentaxe da subvención pode ser dun máximo do 65 por cento do orzamento, cun límite de 10.500 euros.

Ademais, poderase acceder a un préstamos, sen subsidiación, a un prazo máximo de 15 anos, con 3 de carencia.

Nos casos de áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos, as axudas da área serán compatibles con outras axudas de rehabilitación en conxuntos históricos que financia en exclusiva a Xunta de Galicia. O mesmo sucederá coas áreas de rehabilitación en núcleos rurais, cuxas axudas serán compatibles coas de rehabilitación rural. Estas axudas de rehabilitación en conxuntos históricos e as de rehabilitación rural acadan o 50 por cento do orzamento. Sumadas as axudas da área de rehabilitación e de conxuntos históricos poden acadar como máximo o 75 do orzamento.

Axudas para a urbanización
Doutra banda, os concellos poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización e reurbanización no ámbito das áreas de rehabilitación.
Nas áreas de rehabilitación emprazadas en conxuntos históricos e núcleos rurais esta subvención pode acadar o 60 por cento do presuposto das obras, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 60 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.
Nas restantes áreas de rehabilitación o importe das subvencións será como máximo do 40 por cento, sempre que o importe da subvención para urbanización e reurbanización non supere o 40 por cento do importe total de subvencións destinadas a rehabilitación de edificios e vivendas.

Vivendas rehabilitadas
Dende a creación da figura das áreas de rehabilitación en 1996, no marco do Plan de Vivenda 1996-1999, incluíronse en convenios un total de 8.688 vivendas nas 50 áreas de rehabilitación existentes en Galicia.
¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS