Sábado, 13 marzo 2010

Roberto Varela lembra a Miguel Delibes como “un mestre das letras hispánicas que ensinaba coas súas verbas, coa súa humanidade e co seu exemplo”

Enviar por email

O conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou que os libros deste gran referente das letras castelás do século XX son “excelentes amigos que nos lembran vellas comuñóns que moitos tivemos coa natureza, co campo, coa palabra e coa vida”...

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela lamentou hoxe o falecemento de Miguel Delibes, esta pasada madrugada en Valladolid, ao que lembrou como “un mestre das letras hispánicas, un mestre con maiúsculas, que ensinaba coas súas verbas, coa súa humanidade e co seu exemplo”.

O conselleiro de Cultura e Turismo, desexou que nos próximos días moitas persoas se acheguen ás librerías e bibliotecas, ou localicen nos estantes das súas casas obras como La sombra del ciprés es alargada, El Camino, Cinco horas con Mario ou El hereje, e “collan, abran e lean con fruición a Delibes, un autor que está sempre presente na memoria dos seus lectores”.

Asemade, Roberto Varela afirmou que os libros deste gran referentes das letras castelás do século XX son “excelentes amigos que nos lembran vellas comuñóns que moitos tivemos coa natureza, co campo, coa palabra e coa vida”.

O representante de Cultura e Turismo, tamén citou a Carlos Casares cando falaba de Gonzalo Torrente Ballester e dicía que este era nada menos que o autor material dunha cidade. Pero non dunha cidade calquera, senón dunha cidade feita exclusivamente con palabras. “Delibes, ao igual que Torrente, construíu con palabras unha cidade ou mundo que sobreviven ao seu silencio e á súa morte”, asegurou Roberto Varela.
¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS