O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, explica ao alcalde José Luís Fondo Aguiar a interpretación dos contidos do Plan de Ordenación. O alcalde comprometeuse a enviar un informe co estado de todos os documentos do seu planeamento...
![[Img #1803]](upload/img/periodico/img_1803.jpg)
O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, mantivo hoxe unha reunión de traballo sobre os aspectos do Plan de Ordenación do Litoral que afectan ao Concello de Ponteceso. En dita reunión estiveron presentes o alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar, e o técnico municipal, Andrés Breixo.
O director xeral e o alcalde revisaron cada unha das unidade recollidas no Plan de Ordenación do Litoral neste municipio, e ambos coincidiron en que os solos e os plantexamentos do novo plan xeral -en elaboración- son coincidentes coa liña do plan da Consellería de Medio Ambiente.
Borobio e Fondo repasaron todos e cada un dos ámbitos que ten actualmente o planeamento. Nese senso, o alcalde comprometeuse a enviar un informe detallado e ad documentación que acredite o estado de xestión de todos os documentos do seu planeamento.
O director xeral manifestou a importancia que a fase de audiencia ten para coñecer o grao de desenvolvemento dos diferentes ámbitos dos concellos e avanzoulle que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou esta mesma semana ao presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, que a Xunta de Galicia ampliará un mes o período de consultas dos concellos ao Plan de Ordenación do Litoral, que en principio remataba o 10 de abril e agora se prolonga outros 30 días. Comprometeuse a ter en conta de xeito especial as distintas ferramentas de planeamento municipal de Ponteceso