Neste evento, que se celebra con motivo da Feira do Viño de Chantada, poderán participar 229 persoas,,,
O Telecentro de Comunicación (TC) do Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, acollerá mañá xoves unha cata guiada de viños a través de videoconferencia desde o TC de Chantada, organizada con motivo da celebración da XXVIII edición da Feira do Viño da localidade luguesa.
O evento, que se desenvolverá de 20:00 a 22:00 horas, poderá ser seguido, ademais, desde os Telecentros de Comunicación de Oroso, Catoira, Carballo, Tui, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras.
Todos os asistentes a esta cata disporán do material necesario para a mesma: cuspideira, caldos, copas… Desde o TC chantadino, Mar Vilanova, enóloga e investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), será a encargada de abrir o acto e dar paso á cata guiada dos viños desa subzona, durante a cal todos os presentes poderán formular as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes e posibilidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías.
A primeira edición da Feira do Viño deste municipio lugués desenvolveuse en 1983, ano no que se achegaron ata ela preto de 10.000 visitantes. Desde entón, foise asentado como unha das feiras máis importantes da provincia, converténdose, a finais dos anos 90, na Feira do Viño máis representativa do noroeste peninsular