Jueves, 11 marzo 2010

O Xacobeo quedase sen sorteo de lotería

Enviar por email

A Xunta cifra entre 10 e 12 millóns de euros as perdas económicas pola decisión do Goberno de non celebrar un sorteo da lotería a prol do Xacobeo...

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, cifrou entre 10 e 12 millóns de euros as perdas económicas que provocará a decisión do Goberno central de non celebrar un Premio Extraordinario de Lotería Nacional a prol do Xacobeo 2010 na cidade de Santiago de Compostela.

Fernández Currás explicou no Parlamento que estes cálculos fanse tendo en conta as achegas efectuadas polo ONLAE en anteriores anos xubilares. Para a titular de Facenda, esta negativa do Estado “supón unha clara ruptura do costume ou tradición por parte do ONLAE da celebración deste tipo de sorteos e que viñan a recoñecer o feito diferencial que supón a celebración do Ano Xubilar.

Así, lembrou que nos anteriores anos santos, 1999 e 2004, celebráronse sorteos extraordinarios de Lotería Nacional cuxos beneficios si se destinaron a prol do Xacobeo, que tiveron importante efectos económicos derivados da promoción e celebración dun evento desta transcendencia.

Marta Fernández Currás lamentou “a falta de receptividade” por parte do Goberno central ás esixencias da Xunta de levar a cabo este sorteo. Indicou que mentres a Xunta fixo todo o que estaba nas súas mans, o Goberno, que tivo nas súas todas as opcións para solucionar esta situación non o fixo.

Actuacións da Xunta
A conselleira indicou que o Executivo autonómico solicitou entrevista co director xeral do ONLAE para que incluíse no proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado este sorteo finalista a prol do Xacobeo, pero puxo como escusa que non daba tempo.

Así, as cousas, engadiu que, sempre na procura e defensa dos intereses galegos, o Grupo Popular no Senado presentou unha emenda para engadir nos acordos de colaboración ou patrocinio da ONLAE coa Cruz Vermella Española e coa Asociación Española de Loita contra o Cancro co obxecto de engadir a celebración do sorteo a prol do Xacobeo.

A conselleira non considera un razoamento admisible que o Goberno xustifique a súa negativa fundamentándose na eliminación dos sorteos finalistas a prol da Cruz Vermella ou da Asociación de Loita contra o Cancro, pois aínda que a lei de orzamentos cambia o réxime finalista do sorteo destas institucións, garántelles a través de acordos de colaboración e patrocinio unha achega económica non inferior á media dos ingresos percibidos, de forma individual, durante os últimos catro anos.

“Por tanto, cambiase a forma pero non o fondo”, lembrou, xa que se modifícase a natureza xurídica do instrumento de colaboración, pasando dun sorteo finalista á subscrición dun acordo de patrocinio; pero mantense o fondo, xa que se garante a estas entidades as achegas económicas que viñan recibindo en anos anteriores, “que é o verdadeiramente importante”, salientou.

Marta Fernández Currás criticou que, por desgraza, isto non se fixo co Xacobeo. Ademais, concluíu que esta garantía non é só para o exercicio 2010, senón para os tres seguintes, “o que tecnicamente é moi cuestionable nunha lei de orzamentos que, por definición, ten carácter anual”.
¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS