Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de diciembre de 2010 | Leída 141 veces

IV Congreso Internacional Historia a Debate

O congreso, que se celebra cada Ano Santo, forma parte do Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010...


O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, asistiu onte á inauguración do IV Congreso Internacional Historia a Debate, que se celebrará ata o domingo en Santiago. As conferencias, relatorios e mesas redondas terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación e na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto de apertura do congreso, Ignacio Santos estivo acompañado polo reitor da USC, Juan Casares Long, e polo coordinador desta iniciativa, Carlos Barros.

Na súa intervención, Ignacio Santos destacou a labor que desempeña este congreso que, segundo dixo, “se converteu nunha cita ineludible en cada Ano Santo, promovendo a reflexión a nivel mundial”. O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo asegurou que os temas tratados na cuarta edición do Congreso Internacional Historia a Debate “incitarán á reflexión e debates que deixarán un legado para xeracións futuras, analizando o noso tempo para preparar o futuro”.

Trala presentación do IV Congreso Internacional Historia a Debate no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, a primeira conferencia plenaria correu a cargo do xurista e historiador portugués Antonio Manuel Hespaña, que falou sobre a crise dos estados actuais, a sociedade e os novos problemas no ámbito xurídico. A continuación, desenvolveranse as sesións e relatorios do congreso en tres salas simultáneas coa participación de 130 poñentes de vinte países. A partir das 19.30 horas, celebrase en Fonseca unha recepción para os participantes neste congreso.

Esta iniciativa reunirá ata o domingo a 130 relatorios dos cinco continentes, o que converterá ao IV Congreso Internacional Historia a Debate na maior reunión de historiadores celebrada ata o momento. O congreso poderá seguirse a través da web www.h-debate.com, que recibiu desde 1999 preto de cinco millóns de visitas, e pola canle de televisión da Universidade de Santiago de Compostela.

O congreso, que só se celebra en Ano Santo, está avalado pola participación de 500 entidades colaboradoras procedentes de 37 países. Durante estes días, centos de historiadores reuniranse en Santiago de Compostela para abordar os temas da actualidade máis recente como a crise económica, o cambio climático ou o Goberno de Obama. Tamén se reflexionará sobre como a ensinanza e o futuro da historia nunha cuarta edición que, como nas tres anteriores, xurde acompañada da man de Xacobeo, nunha experiencia de case vinte anos celebrada por primeira vez en 1993.

Historia a Debate constitúese como un foro permanente para o debate sobre a metodoloxía, a historiografía, a teoría da historia, sobre a práctica renovada da investigación e da divulgación histórica, sobre a docencia desta materia tanto na universidade como nas ensinanzas medias, ou sobre os problemas académicos, profesionais e laborais destes profesionais, sobre todo dos mozos. Historia a Debate é unha rede estable, que celebra congresos internacionais desde 1993 coincidindo coa conmemoración do Ano Santo, aos que concorren profesionais do gremio de todo o mundo, e que busca dinamizar intercambios e contactos multilaterais entre os seus membros máis alá das fronteiras da especialidade e da nacionalidade.

A cuarta edición do Congreso Internacional Historia a Debate está incluída no Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se presentan congresos, conferencias e debates que xeran reflexión, cuns contidos que quedan rexistrados como legado cultural para futuras xeracións.
..

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress