Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 23 de septiembre de 2010 | Leída 534 veces

V premio internacional de arte gráfico "Jesús Núñez"

O xurado destacou o éxito da convovatoria á que concorreron 168 obras procedentes de 21 países...


[Img #5374]A artista residente en Cambados Ana Soler Baena (Sevilla, 1972) é a gañadora da V edición do premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez” cunha obra titulada “Planetas illados”, da que o xurado destacou “a súa innovación técnica, que dá como resultado unha imaxe moi atraente”.

Ana Soler Baena é licenciada nas especialidades de Deseño e Gravado e doutora en Belas Artes pola Universidade de Sevilla e, dende o ano 2000, desenvolve o seu labor profesional como profesora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A obra premiada é unha estampa dixital, con serigrafía e elementos tridimensionais, realizada en 2010 en papel de 70 x 100 cms, a dúas matrices (unha dixital e unha serigráfica) e unha soa tinta, elaborada no laboratorio de técnicas gráficas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Tras facer público o fallo do certame, o xurado, reunido no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos, destacou o éxito da convocatoria, á que concorreron un total de 168 artistas de 21 países. En concreto, 82 obras proceden de diversos puntos de España, mentres que as 86 restantes chegaron dende distintos países como Arxentina (amplamente representada polas obras de 32 artistas) Francia, Portugal, México, Italia, Estados Unidos ou Gran Bretaña.

O xurado estivo presidido pola deputada responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Caridad González Cerviño, e integrado por prestixiosos especialistas como o presidente fundador do CIEC, Jesús Núñez; Miriam Pérez Fernández, da Galería de Arte Ana Vilaseco; Enrique González, editor da revista “Grabado y edición”; Rosario Sarmiento, subdirectora de programación cultural de Caixa Galicia; e Mercedes Rozas, crítica de arte de La Voz de Galicia. Ao acto asistiu tamén o deputado provincial Antonio Lagares.
O premio está dotado con 6.500 euros e ademais a artista terá a oportunidade de realizar unha exposición no centro da Estampa de Betanzos. Como é habitual, a Deputación da Coruña realizará tamén o vindeiro ano unha mostra itinerante que percorrerá dez concellos da provincia coas 30 obras seleccionadas polo xurado e editará o catálogo correspondente.
Outorgáronse ademais dous accésits, consistentes na matrícula nun máster de arte gráfica no Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, aos artistas gráficos Julio Almas, pola súa obra “D’apres Romeu-préparation d’une scéne tragique-Acte I”, e Minia Martínez Seijas, pola obra “A orixe”.

As restantes obras seleccionadas polo xurado para o catálogo e a exposición itinerante pertencen aos seguintes artistas gráficos: Silvia Santana, Hugo Besard, Silvana Blasbalg, Paula Cabaleiro Comesaña, Desislava Hristova, María Verdugo Althófer, Enrique Palacio, Carmelo Rubio, Elena Jiménez, Pablo Fiaiszamn, Federico Osorio, Francisca Sánchez Huertas, Gema López González, Pilar Valdivieso, Eva Largo, Susana Murias, Rafael Angulo, Rosell Meseguer, Beatriz Moreiro, Clément Richem, Ovidiu Batista, Rocío Rivas, Graciela Buratti, Pablo Casado, José E. Porras, Óscar Valero, e Altea Grau Vidal.

A artista
Ana Soler Baena é licenciada nas especialidades de Deseño e Gravado e doutora en Belas Artes pola Universidade de Sevilla. Desde o ano 2000 é profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa actividade artística e investigadora, non circunscrita a ningún ámbito específico, desenvólvese paralelamente en multitude de centros internacionais: Kyoto City University of Art, Tokyo National University of Fine Arts, National Chiayi University (Taiwan), Toronto York University, a École de Arts Decoratifs de Estrasburgo, o museo Kupferstichkabinett de Basilea, O College of Art da Heriot-Watt University de Edimburgo, Scuola Internacionale dei Gráfica d´Arte de Florencia ou o Istituto Nazionale per o Gráfica d´Arte de Roma. Participa activamente en importantes encontros e espazos artísticos.

A súa obra, presente na escena artística contemporánea española con exposicións tanto individuais como colectivas, figura en importantes coleccións privadas, de institucións e museos. Recibiu numerosos premios, entre os que cabe destacar o Premio Nacional de Gravado da Calcografía Nacional (2001), Mención de Honra na Bienal de Liège e no XIII Certame de Artes Plásticas Angel Andrade de Ciudad Real (2005), Arte de Mulleres da Xunta de Andalucía, o Premio Andaluz de Arte Seriada, X Premios Nacionais de Gravado do Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella, Premio Internacional Fundación Antonio Pérez de Cuenca (2002) e o Primeiro Premio GENERACIÓN 2001, entre outros ; e obtén varias bolsas e axudas á creación artística e investigación, como a Bolsa FENOSA á Creación Artística no Estranxeiro (2005-2006), as Axudas á Creación Artística Contemporánea (Xunta de Andalucía, 2001), a Bolsa da Academia de España en Roma (2001), bolsa da Fundació Pilar i Joan Miró (1999) e a Casa de Velázquez de Madrid en 1998.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress