Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de febrero de 2019 | Leída 68 veces
NATACIÓN

Catro medallas no campionato de España Master

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato de España de categoría Máster. Esta categoría non ten idade, pero sóbralle motivación e ilusión...

[Img #47706]Acudiron a competir seis deportistas do Club Natación Sarval Arteixo, catro nadadores, Carmelo, Javier, Manuel e Ramón; e dúas nadadoras, Gloria e Raquel.

 

Participaron nun total de 23 probas individuais e 2 remudas. Catro medallas e bos postos nas clasificacións son o resumen dos seus resultados.

 

Nos postos como equipo acadaron : o 50º posto masculino,  81º feminino, e o 69º posto na clasificación conxunta de 142 clubs participantes.

 

Participaron en dúas remudas da categoría masculina +200, no 4x50 estilos, 16º posto; e no 4x50 libre, 13º posto.

 

A nivel individual cabe destacar a Ramón Folch, nadador de 81 anos, que acadou catro medallas e 3 récords galegos. Foi medalla de ouro en 50, 100 e 200 costas, con marcas de récord galego, e medalla de prata en 400 libre.

 

Este foi un campionato cunha alta participación e moi bo nivel, no que os de Arteixo fixeron un gran traballo. Quedan con ganas de máis e mellor, así que seguiremos atentos/as ás alegrías deportivas que nos da esta categoría do Club Natación Arteixo.

 

[Img #47707]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress