Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 12 de febrero de 2019 | Leída 27 veces

O Concello da Laracha publica no BOP dúas convocatorias de emprego

Unha delas refírese á creación dunha bolsa de candidatos para cubrir un posto de técnico en administración xeral vacante na actualidade. A outra convócase para contratar un animador cultural de novo ingreso como persoal laboral fixo. As retribucións son as previstas na relación de postos de traballo...

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publicou onte as bases que rexerán os procesos selectivos para a formación dunha bolsa de candidatos para cubrir o posto de técnico de administración xeral e tamén para a contratación dun animador cultural.

 

No primeiro dos casos o prazo para presentar as instancias e poder participar no procedemento será de vinte días naturais a contar a partir de mañá martes. A finalidade da convocatoria é crear unha bolsa de emprego para a cobertura como funcionario interino dun posto de técnico de administración xeral actualmente vacante e pertencente ao grupo de clasificación A, subgrupo A1, con unas retribucións brutas anuais de 38.446,20 euros. A selección realizarase por medio do sistema concurso-oposición. A fase de oposición consistirá nun exercicio tipo test e a proba de galego para aqueles aspirantes que non acrediten estar en posesión do título de coñecemento da lingua galega Celga 4. No concurso valorarase a experiencia profesional previa.

 

O outro procedemento publicado hoxe no BOP refírese á selección dun animador cultural de novo ingreso como persoal laboral fixo. Polas súas características, requírese a publicación das bases no Boletín Oficial do Estado (BOE), e será nese momento cando se abra o prazo de 20 días hábiles para a presentación de instancias por parte dos aspirantes. O sistema de selección será a oposición libre. As probas consistirán en tres exercicios, sendo o primeiro de tipo test, o segundo de preguntas curtas e o terceiro, o exame de coñecemento da lingua galega para os aspirantes que non acrediten estar en posesión do certificado Celga 3. Conforme ao previsto na relación de postos de traballo do Concello da Laracha, a retribución que corresponde será de 20.368,92 euros brutos anuais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress