Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 10 de febrero de 2019 | Leída 19 veces

A Mesa de contratación clasificará o luns as ofertas presentadas para executar dous proxectos de mellora da rede viaria

Valorados nun total de 125.000 euros. Un deles afecta á Avenida Méndez Núñez e ao acceso ao paseo marítimo de Caión. O outro céntrase na rúa Manuel Murguía da Laracha e na estrada que comunica A Xesteira (Lendo) con O Castro de Abaixo (Cabovilaño)...

O Concello da Laracha está a finalizar o procedemento de contratación de dous proxectos dirixidos a mellorar a rede viaria en catro localizacións das parroquias de Caión, Torás, Lendo e Cabovilaño.

 

A obra da vila costeira terá dous puntos de actuación. Na Avenida Méndez Núñez –que comunica o porto coa zona da Insua- realizarase o fresado e a nova pavimentación para mellorar a superficie de rodadura. Tamén se contempla o repintado das marcas viarias e dos aparcamentos públicos e gratuítos. Ademais, realizaranse melloras na rede de recollida de pluviais fronte ás casetas dos mariñeiros. O outro lugar que se mellorará será o acceso ao paseo marítimo desde o punto de confluencia da rúa do Carme coa rúa Campo da Insua. A rampla existente na actualidade será redeseñada para, na medida das posibilidades, reducir a súa pendente, embelecela cun pavimento de adoquín e colocar unha nova barandilla de seguridade.

 

A outra obra prevista tamén terá dous puntos de actuación que afectan a tres parroquias. No casco urbano da capital municipal (parroquia de Torás) renovarase o pavimento da rúa Manuel Murguía nunha superficie total duns tres mil metros cadrados, incluíndo tanto o espazo de circulación dos vehículos como as zonas de aparcamento. Contémplanse melloras na rede de recollida de augas pluviais e na sinalización horizontal e vertical.

 

Ademais, tamén será renovado o pavimento na estrada municipal que comunica A Xesteira (Lendo) con O Castro de Abaixo (Cabovilaño), que presenta unha lonxitude lineal de 380 metros.

 

Ambos proxectos están valorados nun total de 125.000 euros e son catorce as empresas que concorren á licitación. A Mesa de Contratación clasificará este luns as propostas presentadas como paso previo á súa adxudicación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress