Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de febrero de 2019 | Leída 20 veces
Deputación da Coruña

Os produtos gastronómicos dos concellos protagonizan a presenza da Deputación da Coruña en Xantar

O fin de semana trae un intenso programa de actividades no 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico...

[Img #47681]

 

O 20 Salón Internacional de Turismo Gastronómico acolle no programa deste sábado a conmemoración do Día do Turismo e arredor das xornadas de fin de semana desenvolverase un intenso programa de mostras e degustacións de produtos de calidade dos concellos presentados ao abeiro da Deputación da Coruña.

 

Do 6 ao 10 de febreiro desenvólvese o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que chega a súa vixésima edición como principal escaparate de produtos e eventos do sector. Durante as catro xornadas, a Deputación da Coruña mantén aberto o seu espazo en que se mostra unha variada oferta de produtos gastronómicos dos concellos da provincia.

 

Ademais, os espazos de showcookings acollen tamén propostas como a tortilla romana ou ceviche de raia de Muros-Noia ou o polbo de Mugardos que se inclúen no programa de sábado despois de que os pinchos irmandiños de Vimianzo formaran parte da oferta de xoves e o bolo do pote de Mazaricos do do venres. Outros produtos como o queixo da Capela, o pan e empanada de Carballo ou o polbo de Rois pódense degustar no propio stand da Deputación da Coruña que, como en edicións anteriores se ofreceu para abrir o seu espazo ás propostas dos concellos.

 

Ademais das degustacións, o espazo da Deputación da Coruña ofrece  información sobre as máis dun cento de festas e produtos gastronómicos que se celebran nas dezaoito comarcas da provincia.

 

"Xantar converteuse nun escaparate privilexiado de  turismo gastronómico no que a presenza dos concellos da Coruña supón xa un referente no sector", destaca o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira para quen a riqueza gastronómica supón " un importante atractivo para o turismo e unha chamada a que nos visiten e coñezan o territorio".

 

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que Xantar "representa unha interesante oportunidade para promover as propostas gastronómicas dos nosos concellos" e destacou o impacto de participación na única feira de turismo gastronómico galega que destaca "unha das nosas fortalezas turísticas que é o produto de calidade e a elaboración da nosa gastronomía que aposta tamén por unha maneira distinta de promocionar a nosa oferta turística".

 

O 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, estase a desenvolver en Ourense desde o 6 e ata o 10 de febreiro e nas últimas edicións superou as vinte mil persoas visitantes. Nesta edición, Brasil, e concretamente Foz de Iguazú, onde están as famosas cataratas e segundo destino escollido polo turismo que chega a territorio brasileiro, é o país convidado de Xantar.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress