Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 9 de febrero de 2019 | Leída 16 veces

O Concello presenta o programa de entroido, que inclúe actividades para todos os públicos

Haberá verbenas, baile, concurso de disfraces, maxia e espectáculo de animación. No certame do martes de Entroido repartiranse máis de 3.000 euros en premios. Esa data foi establecida como festivo local no Concello da Laracha...

O Concello da Laracha presenta o programa municipal de actividades que organiza con motivo da celebración das Festas do Entroido e que se desenvolverá do domingo 3 ao mércores 6 de marzo. As propostas van dirixidas a todos os públicos, sendo os nenos os principais protagonistas dos eventos do domingo, luns e mércores, e o público en xeral o encargado de amenizar o tradicional concurso de disfraces do martes de Entroido, data establecida como festivo local no Concello da Laracha.

 

Así, o domingo 3 de marzo iniciarase o programa no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís co baile da disfraces. A xornada comezará ás 18:00 horas e estará amenizada pola Orquesta Aramio. Ademais de disfrutar da música, da festa e do bailes, haberá xogos infantís e reparto de larpeiradas para todos os asistentes.

 

Aproveitando as xornadas festivas nos centros de ensino, o luns a partir das 12:00 horas haberá na Casa da Cultura o espectáculo de maxia Kandor a cargo de Chrystyan Magic.

 

O evento central do programa de Entroido será o do Martes 5 (festivo local na Laracha). Ás 17:00 horas principiará na Praza do Concello a verbena amenizada pola Orquesta Trébol. No descanso, a partir das 18:30 horas, celebrarase o tradicional concurso de disfraces, un certame dirixido a todos os públicos no que se repartirán máis de 3.000 euros en premios.

 

As categorías de galardóns establecidas son as seguintes

 

  • Individual infantil (ata 12 anos).
  • Individual adulto (a partir de 13 anos).
  • Parellas infantil (ata 12 anos).
  • Parellas adulto (a partir de13 anos).
  • Grupos (de 3 a 8 compoñentes).
  • Comparsas (máis de oito compoñentes)

 

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 50 e 40 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 250, 200 e 150 euros. E as comparsas mellora valoradas polo xurado levarán premios económicos de 600, 500 e 400 euros, ademais de accésits de 100 euros (máximo de dez) ao resto das comparsas participantes.

 

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido deben inscribirse no Concello da Laracha entre o 25 de febreiro e o 4 de marzo.  Tamén poderán anotarse o propio día do evento na Casa do Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas.

 

O programa de Entroido pecharase o mércores a partir das 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís co espectáculo de animación O enterro da sardiña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress