Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de febrero de 2019 | Leída 33 veces

A produción industrial pecha 2018 cun incremento do 4,9% e ratifica o papel deste sector na recuperación económica de Galicia

A Comunidade sitúase como a segunda na que máis medra o IPI tras Cantabria. Trátase do cuarto incremento anual consecutivo e da maior suba desde o ano 2007 grazas ao mellor comportamento en sectores como a enerxía eléctrica e a industria alimentaria. Trátase do cuarto incremento anual consecutivo e da maior suba desde o ano 2007 grazas ao mellor comportamento en sectores como a enerxía eléctrica e a industria alimentaria...

[Img #47679]

 

Galicia pechou o ano pasado cun incremento da produción industrial do 4,9%, o que a sitúa como a segunda Comunidade na que máis medra este índice e ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica galega.

 

O crecemento do Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia en 2018 é o maior rexistrado nun ano desde 2007 e, ademais, a Comunidade encadea catro subas consecutivas desde 2015. Por sectores, destacan os incrementos na produción de enerxía eléctrica (11,1%), a fabricación doutro material de transporte (77,8%) e a industria da alimentación, que sobe un 3,7%.

 

Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,2% ata novembro de 2018; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en máis dun 10% a peche de 2018 con respecto a decembro de 2017 mentres que as afiliacións subiron máis dun 14% (máis de 2 puntos por riba da media do Estado). Ademais, Galicia é a Comunidade na que máis se incrementaron os salarios neste sector (o 5%).

 

O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego; así como a través da Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress