Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de febrero de 2019 | Leída 54 veces

Feijóo presenta ao Porto de Miami e ás compañías de cruceiros as oportunidades que Galicia ofrece en turismo e construción naval

Destaca o obxectivo do plan estratéxico do Porto de Miami, que aspira a alcanzar os 10 millóns de pasaxeiros en cruceiros. “Queremos que Galicia se coñeza nas rutas cara á Europa e que as autoridades portuarias, políticas e os operadores de Miami coñezan as posibilidades que ofrece a Comunidade de cara á establecer contactos estables e fiables”, precisa. Traslada a capacidade de Galicia para dar resposta á necesidade de construción de cruceiros, con crecementos acumulados superiores ao 50% nos últimos dez anos e coa previsión de que ata 2027 entren en funcionamento máis de 110 novos buques...

[Img #47678]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte unha intensa xornada de traballo marcada pola visita ao Porto de Miami, onde presentou as oportunidades que Galicia ofrece en turismo e construción naval; e, posteriormente, polo encontro con empresas relacionadas co contract, co obxectivo de que o sector galego siga sendo unha referencia internacional, con presenza nos principais proxectos de todo o mundo.

 

A primeira hora da mañá, o titular do Executivo autonómico visitou, xunto ao clúster do turismo e as Autoridades Portuarias de A Coruña, Ferrol e Vigo a terminal de colectores e a terminal de cruceiros para, logo, celebrar unha xuntanza coas principais compañías de cruceiros no condado de Miami.

 

Durante a visita, Feijóo destacou o obxectivo do plan estratéxico do que é un dos portos máis importantes do mundo, que aspira a alcanzar os 10 millóns de pasaxeiros en cruceiros, e aumentar o número e tamaño das zonas de atraque. “Estamos a falar do maior porto de cruceiros do mundo”, dixo, aseverando que, desde todos os puntos de vista, o Porto de Miami é un socio privilexiado para Galicia.

 

Ao respecto, aproveitou a xuntanza para agradecer o interese amosado nesta visita por coñecer o potencial da Comunidade neste ámbito e poñer en valor a Galicia como escala de referencia na costa atlántica.

 

“En definitiva, queremos que Galicia se coñeza nas rutas cara á Europa e que as autoridades portuarias, autoridades políticas e os operadores de Miami coñezan as posibilidades que ofrece a Comunidade de cara á establecer contactos estables e fiables”, precisou.

 

Así mesmo, Feijóo transmitiu a capacidade de Galicia para dar resposta á necesidade de construción de cruceiros nos vindeiros anos, xa que a demanda de cruceiros aumenta cada ano, con crecementos acumulados superiores ao 50% nos últimos dez anos e baixo a previsión de que ata 2027 entren en funcionamento máis de 110 novos buques en todo o mundo.

 

O presidente da Xunta fixo fincapé en que esta demanda é unha oportunidade para o naval galego, que xa demostrou cos cruceiros do Ritz Carlton as súas capacidades para desenvolver proxectos.

 

Por outra banda, e no ámbito das mercadorías, Feijóo fixo fincapé na situación estratéxica do Porto de Miami, unha das principais portas de entrada de Estados Unidos para os produtos manufacturados de Latinoamérica e do Caribe; e expresou o interese de que Galicia estea presente en novas rutas comerciais.

 

O contract galego, un sector con gran experiencia internacional

Logo da visita, o titular do Goberno galego, xunto á delegación galega, mantivo unha xuntanza con empresas do sector do contract.

 

Ademais de ser líder en innovación, o presidente da Xunta destacou a gran experiencia internacional do sector galego, xa que nalgunha destas empresas o 95% total da súa facturación provén do estranxeiro. E constatou as posibilidades que existen en Miami tanto no ámbito residencial, como no contract hospitalario ou nas cadeas hoteleiras.

 

Cómpre salientar que o sector galego xa é coñecido en Estados Unidos, onde varias industrias están implantadas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress