Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de febrero de 2019 | Leída 50 veces

A quinta edición do concurso a Laracha de tapas celebrarase do 8 ao 10 de marzo

O BOP publicou onte as bases do concurso. Están convidados a participar todos os locais de hostalería da capital municipal. Haberá premios do xurado popular (clientes) e profesional...

A Laracha de tapas volverá na fin de semana do venres 8 ao domingo 10 de marzo coa quinta edición deste certame que o Concello da Laracha organiza co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte as bases do certame, establecendo o 11 de febreiro como a data límite na que os locais de hostalería da capital municipal que desexen participar formalicen no Concello a súa inscrición, que é gratuíta.

 

Tamén se estipulan nas bases os horarios nos que as tapas deberán estar dispoñibles para o público, o prezo de venda das elaboracións (1,50 euros) e os premios económicos. O do xurado profesional contará cun primeiro (300 euros) e un segundo premio (250 euros). O do xurado popular estará dotado con 200 euros e será decidido directamente polos clientes.

 

O Concello da Laracha organiza este concurso tralos rotundos éxitos das anteriores edicións. No ano pasado tamén se realizaron por primeira vez rutas de tapas en Caión (xuño) e Paiosaco (novembro).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress