Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 8 de febrero de 2019 | Leída 46 veces

O Concello eliminará un vertido de lixo detectado na parroquia de Vilaño

A rápida intervención municipal impide que se producisen danos medioambientais de relevancia. Tamén se retirou outro vertido na parroquia de Soandres. O Concello lembra que o Punto Limpo e a recollida de voluminosos a domicilio son servizos gratuítos para todos os veciños da Laracha...

[Img #47672]O Concello da Laracha detectou un vertido incontrolado de lixo na parroquia de Vilaño, en concreto nunha pista forestal que comunica os lugares de Vista Alegre e A Fraga. Esta rápida intervención municipal evita posibles danos mediambientais de relevancia na zona, xa que entre o lixo hai material tóxico como fibrocemento, plásticos, pneumáticos, colchóns, sofás, portas e restos de obra.

 

Os operarios municipais procederán nas próximas horas á retirada do vertido a excepción do fibrocemento, que polas súas características debe ser eliminado por un xestor autorizado ao que xa se deu o correspondente aviso.

 

No día de onte os operarios municipais tamén retiraron outro vertido incontrolado na parroquia de Soandres (estrada entre A Millarada e Vista Alegre) formado por dous electrodomésticos e que foi detectado por un particular.

 

Desde o Concello da Laracha lamentamos o sucedido e a actitude incívica e insolidaria dos responsables destas situacións. A Policía Local abriu sendas investigacións para tratar de aclarar os feitos.

 

Cabe lembrar que o Punto Limpo é un servizo municipal gratuíto para os usuarios que garante que a eliminación dos residuos se realice dun xeito responsable e que o material que poida ser reciclado reciba un tratamento especial. Está a disposición de todos os veciños do municipio no Formigueiro, moi preto do casco urbano da Laracha, os luns (15 a 21 horas), mércores e venres (16 a 20 horas) e sábados  (9 a 14 e 16 a 19 horas). Así mesmo, existe un servizo de recollida de voluminosos a domicilio, tamén gratuíto para a veciñanza.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress