Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de febrero de 2019 | Leída 22 veces

Catro novas lanzadeiras de emprego incrementarán en Arteixo, Carballo, Marín e Redondela a inserción laboral de 80 alumnos

A Xunta renova a súa colaboración coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica para desenvolver este programa que ten como obxectivo favorecer o acceso ao mercado de traballo dos desempregados. As Lanzadeiras de Emprego contan de media cunha inserción laboral do 60% dos participantes e nestes momentos a iniciativa lévase a cabo en Pontevedra, Ferrol, Lugo, Santiago e A Coruña. As catro novas aceleradoras poranse en marcha en marzo para apoiar e orientar ás persoas en paro a activar a busca dun emprego con novas técnicas e ferramentas acordes ás novas necesidades do mercado laboral. O prazo de inscrición está aberto ata o próximo 6 de marzo...

A Xunta, en colaboración coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica, porá en marcha o próximo mes de marzo catro novas lanzadeiras de emprego en Arteixo, Carballo, Marín e Redondela para incrementar as oportunidades laborais de 80 persoas sen emprego. Estas catro aceleradoras sumaranse ás que xa están funcionando desde novembro do ano pasado na Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago cun centenar de participantes. Entre 2016 e 2017, ademais, puxéronse en marcha outras 15 lanzadeiras en Galicia con máis de 400 alumnos e alumnas e unha media de inserción laboral do 60%.

 

Os interesados en participar neste programa poden realizar a súa inscrición ata o próximo 6 de marzo na paxina web ou nas oficinas de emprego de Coruña Centro, Carballo, Pontevedra-Bisbarra e Redondela. Poderán participar homes e mulleres de entre 18 e 60 anos que se atopen en situación de desemprego, xa que o obxectivo deste programa é activar a busca dun traballo con novas técnicas e ferramentas acordes ás novas necesidades do mercado laboral. Os alumnos e alumnas poderán ter calquera nivel de estudos e/ou contar con experiencia en calquera sector económico.

 

Cada unha das lanzadeiras de emprego, que contan co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo Poises, terá 20 prazas. O reto é configurar equipos heteroxéneos para que non exista competencia á hora de buscar traballo, senón unha cultura colaborativa. Coa guía e orientación dun técnico especializado, os alumnos e alumnas levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa busca de traballo como obradoiros de intelixencia emocional para aprender a facer un plan de busca de emprego, actualización ou modernización dos currículos, simulacións de entrevistas de traballo, ao tempo que aprenderán novas técnicas de comunicación, marketing e marca persoal. 
 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress