Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de febrero de 2019 | Leída 62 veces

A Xunta apoia na Laracha o programa integrado 'Impulsa Emprego' para mellorar a inserción laboral de 100 desempregados

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou onte aos alumnos e alumnas desta iniciativa, que a Xunta financia con 250.000 €. Trátase dun programa formativo adaptado á demanda do tecido empresarial da comarca no que se imparte, entre outros, cualificación en novas tecnoloxías, produción, fabricación e montaxe en cadea e administración e servizos. En toda Galicia estanse a investir preto de 11 millóns de euros para incrementar as oportunidades laborais de 4800 desempregados a través do desenvolvemento de 48 programas integrados. Marnotes puxo en valor a importancia da cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía...

[Img #47669]

 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou onte na Laracha aos alumnos e alumnas que están a formarse no Programa Integrado Impulsa Emprego, unha iniciativa cun ano de duración e cun obxectivo de inserción laboral que supera o 45%. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia ao 85% esta iniciativa, a través dunha axuda de 250.000 euros. En total, están a participar 100 persoas desempregadas de diversos perfiles: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas inmigrantes, persoas con capacidades diferentes e mulleres vítimas de violencia de xénero.

 

Marnotes salientou o bo resultado dos programas integrados que teñen como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. De feito, a programación formativa da iniciativa está adaptada á demanda do tecido empresarial da comarca. Así, impártese, entre outros, formación en novas tecnoloxías, administración e servizos, contabilidade e fiscalidade, produción, fabricación e montaxe en cadea e para desempeñar labores de almacén e loxística. Tamén se ofrece formación transversal en informática e inglés e márketing dixital. A organización do programa ofrece aos alumnos e alumnas medidas de conciliación para facilitarlles a asistencia.

 

Marnotes sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.

 

Na actualidade, estanse desenvolvendo en toda Galicia 48 programas integrados para apoiar a 4800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades e cun investimento de 11 millóns de euros, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

 

Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio que a Xunta asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais, como é o caso da Laracha. Tamén se concederon programas integrados específicos para mulleres e se primou a aqueles proxectos nos que se implicou o tecido empresarial de cada zona, co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca, e a aqueles plans de xestión compartida para incentivar os procesos de fusión municipal.

 

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress