Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de febrero de 2019 | Leída 25 veces

Os novos orzamentos xerais municipais xa están operativos

A aprobación definitiva dos presupostos e o cadro de persoal foron publicados o 1 de febreiro no BOP. Son os máis altos da historia ao alcanzar os 10.349.818,43 euros tanto en ingresos como en gastos...

[Img #47667]

 

O Concello da Laracha xa está a operar cos novos orzamentos xerais municipais do exercicio económico 2019 despois de que fose publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado día 1 de febreiro a aprobación definitiva dos mesmos, ademais do cadro de persoal.

 

Previamente as contas foran aprobadas con carácter inicial polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o pasado día 27 de decembro e, a continuación, superárase o período de exposición pública sen terse presentada ningunha alegación.

 

Os presupostos do novo exercicio económico son os máis altos da historia do municipio. Están equilibrados en gastos e ingresos e ascenden a 10.349.818,43 euros, sendo o fiel reflexo das liñas prioritarias para o goberno local do Concello da Laracha: a blindaxe dos servizos sociais (1,3 millóns de euros), o esforzo investidor (3 millóns de euros destinaranse á mellora das infraestruturas públicas municipais), o apoio ao asociacionismo e aos estudantes e a conxelación de impostos e taxas municipais (IBI, recollida de residuos sólidos urbanos, etc.), manténdose nos tipos mínimos que permite a lei.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress