Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 7 de febrero de 2019 | Leída 12 veces
CAMBRE

Cambre comezou onte a Campaña de Participación cidadá no PXOM

Os encontros informativos e participativos comezaron hoxe en Sigrás…

Co fin de recoller e reflectir a vontade da cidadanía no Plan Xeral de Ordenación Municipal que se está a elaborar nestes momentos o Concello pon en marcha unha campaña de participación cidadá que se levará a cabo ao longo das dúas primeiras fases de redacción do documento urbanístico: a fase de borrador e o documento inicial e o estudo ambiental estratéxico para a súa aprobación inicial.  

 

Para o executivo local, resulta absolutamente necesaria a implicación activa da sociedade de Cambre neste documento que marcará o futuro e o crecemento do concello. Para descubrir e dar resposta ás necesidades colectivas, a elaboración e tramitación do PXOM inclúe un proceso de diálogo, debate e intercambio de opinións entre as distintas entidades e cidadáns que conforman o tecido social e económico do municipio.

 

A campaña tentará dar a coñecer, informar e explicar ao conxunto da cidadanía, en que consiste un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para que se vai a utilizar, e cales son as súas funcións, sempre dun xeito claro e sinxelo. Co fin de facer partícipe ao conxunto da veciñanza de Cambre na elaboración deste documento haberá, ademais das reunións en cada unha das parroquias de Cambre, unha plataforma dixital aberta de intercambio e comunicación entre o Concello, o equipo técnico redactor do PXOM e a cidadanía de Cambre.

 

Destacan como accións participativas máis relevantes nesta campaña: a Consulta Pública (enquisa), os encontros informativos e participativos, os encontros propositivos, os encontros nas escolas, e a caixa de propostas.

 

1- A enquisa posibilitará a achega das opinións e reflexións sobre os aspectos principais que conforman a estrutura territorial, ambiental e social de Cambre.

 

2- Os encontros informativos e participativos, que comezaron hoxe en Sigrás,  son o primeiro paso do Proceso de Participación Pública do PXOM de Cambre. Consistirán en xuntanzas abertas, tanto coas asociacións e colectivos como coa cidadanía das áreas urbanas e de todas as parroquias do municipio. Nos encontros participarán activamente tanto o equipo redactor, como responsables políticos e técnicos do Concello, onde se informarásobre os traballos do PXOM, o planeamento vixente, a situación socioeconómica do concello, e iniciarase o proceso de participación cidadá a través de varias dinámicas de debate e reflexión.

 

3- Os encontros  propositivos, realizaranse cun formato de grupo de traballo e discusión, cun  proceso de reflexión e debate que posibilite a definición conxunta dos principais retos a afrontar, e a formulación dos eixos futuros para o desenvolvemento urbanístico e territorial de Cambre.

 

4- Os encontros nas escolas pretenden involucrar no Proceso de Participación á infancia e á mocidade de Cambre, un grupo de idade ao que tradicionalmente non se lle dá voz, ou que polo xeral non participa activamente nas decisións relativas a transformación do seu territorio. Deste xeito poderemos coñecer as necesidades, inquedanzas e expectativas que teñen os rapaces e as rapazas do municipio.

 

5- A caixa de propostas é un xeito sinxelo para poder facer calquera tipo de suxestión e/ou proposta usando como canle de comunicación esta mesma páxina web.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress