Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de febrero de 2019 | Leída 22 veces

A Xunta apela á necesidade de reducir o peso actual da fracción orgánica, un 42% do total do lixo dos galegos

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático presidiu a constitución dunha mesa dedicada aos residuos, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia. Cruz Ferreira indica que os biorresiduos son a fracción máis abundante en peso, polo que é imprescindible poñer en marcha medidas para reducir a súa presencia e darlle unha nova vida a esta parte orgánica contida nos residuos domésticos...

[Img #47664]

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda apela á necesidade de reducir o peso actual da fracción orgánica nos residuos, que na actualidade representa un 42% do total. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, participou onte pola mañá na constitución da Mesa dos residuos, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, co obxectivo de ser unha ferramenta de participación e aberta a todos os axentes implicados na xestión da fracción orgánica dos residuos municipais.

 

A directora indicou que a necesidade de acometer accións específicas para mellorar a xestión da fracción orgánica dos residuos municipais vén dada pola relevancia que presenta esta fracción no conxunto dos residuos domésticos, sendo a fracción máis abundante en peso. Neste sentido, é imprescindible desenvolver accións para fomentar a recollida separada dos biorresiduos; pois sen o axeitado tratamento do mesmo dificulta o proceso de tratamento e afecta á calidade do produto final.

 

En definitiva, hai que por en marcha medidas que fomenten tanto a recollida diferenciada da materia orgánica como a súa correcta xestión, co fin de darlle unha nova vida á fracción orgánica obtendo un fertilizante de gran valor, o compost, que achega numerosos usos en agricultura, xardinaría ou restauración de espazos degradados, permitindo mellorar a fertilidade dos solos galegos e contribuíndo á mitigación do cambio climático.

 

Ferreira Costa indicou que esta segunda oportunidade para esta fracción de residuo é un reto que marca a nova Directiva europea de residuos, que establece que os concellos de terán que implantar a recollida de biorresiduos antes de finais de 2020. Ademias, tamén se está a tramitar unha modificación da Lei de residuos estatal que acurta este prazo para finais de 2020 no caso dos concellos de máis de 5.000 habitantes. Polo tanto, os concellos son as entidades que teñen a obrigación de adoptar as medidas necesarias para chegar a estes prazos co obxectivo cumprido xa que a materia orgánica forma parte dos residuos domésticos.

 

Non obstante, recordou que a Xunta xa leva traballando nesta liña, tal e como se reflicte no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, no que se definiu unha liña estratéxica especificamente dirixida á xestión da fracción orgánica, con actuacións que procuren aumentar os niveis de recollida selectiva deste tipo de fracción, propoñendo diferentes alternativas de xestión adaptadas ás características do noso territorio.

 

Asemade, recordou que a Xunta convocou unha liña de actuación para a implantación da recollida selectiva dos biorresiduos, polo que puxo a disposición dos concello máis de 4.500 contedores especificamente deseñados con este fin, para acadar os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos.

 

Por último, a directora xeral salientou a importancia da implantación da recollida dos biorresiduos, polo paso significativo que se avanza cara a economía circular, onde a prevención e a reciclaxe dos residuos convértense en accións clave, que deben estar presentes non só á hora da xestión do residuo, senón durante todo o ciclo de vida do produto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress