Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de febrero de 2019 | Leída 15 veces
ARTEIXO

Actividades para 4 a 12 anos e de 1 a 3

Actividades para febreiro e marzo nos 30 anos de Bibliotecas...

Son moitas as actividades que temos programadas de agora e ata o mes de maio, xa que o 30 aniversario non é algo que se faga todos os anos. Pero as que achegamos abranguen febreiro e marzo.

 

Como novidade están os talleres que ata o de agora nunca se fixeron nas nosas bibliotecas: cómic e manga, mandalas, chapas decorativas, radio teatralizada,... e que desenrolarán profesionais como Lidia Aldeguer, Marisa Irimia, Iván Serrano, Lisístrata, Ernesto Suárez (Co espectáculo 4, na Biblioteca de Oseiro).

 

Serán actividades con limitación de prazas, xa que a atención que recibirán as e os asistentes serán moi personalizada e guiada. Precísase sempre puntualidadee respecto polas idades ás que van dirixidas.

 

Esta limitación de prazas tamén as teremos nas que sen dúbida son exitosas actividades para bebés de 1 a 3 anos. As persoas profesionais que estarán na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" e na Biblioteca de Meicende "Antón Castro" serán: Tótem Xestión, Caxoto e Cornelia Craft. Actividades nas que os bebés só estarán acompañados dunha persoa adulta. No tema dos horarios aquí somos especialmente estrictos: puntualidade.

 

Recordade tamén, que o día 23 de febreiro, o día anterior á celebración do Día de Rosalía (o día 24), adiantamos a nosa maneira de homenaxear a matriarca das letras galegas cun Recital Poético a cargo das nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria das nosas escolas, que compuxeron e participaron no concurso que organizamos desde as bibliotecas. 


Aínda hai prazo ata o día 14 de febreiro para entregar os vosos poemas!.

 

Para calquera dúbida ou aclaración hai mais información no blog da biblioteca, no teléfono 981 659 108 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress