Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 6 de febrero de 2019 | Leída 7 veces
Deputación da Coruña

Goretti Sanmartín presenta a obra da escritora Ana Lena Rivera, gañadora do Torrente Ballester

O acto terá lugar o día 7 de febreiro ás 19:00 na Biblioteca Provincial da Coruña...

[Img #47658]

 

A vicepresidenta e deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, acompañará á escritora Ana Lena Rivera na presentación da súa primeira novela, "Lo que callan los muertos" (Maeva), gañadora do Premio Torrente Ballester en español. Ademais, participarán no acto o xornalista e membro do xurado do premio, Ramón Rozas e a editora Mathilde Sommeregger. O acto terá lugar o día 7 de febreiro ás 19:00 horas.

 

"Lo que callan los muertos", da escritora asturiana Ana Lena Rivera, será presentado este xoves día 7 de febreiro ás 19:00 na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña (Rúa Rego de Agua, A Coruña), organizadora do Premio Torrente Ballester que a autora gañou na anterior edición. O xurado do certame, do que formou parte o xornalista Ramón Rozas que participará na presentación, destacou a “naturalidade expresiva” da novela de Ana Lema Rivera, e a súa "linguaxe fresca e contemporánea ademais dunha grande habilidade á hora de construír espazos cotiáns”.

 

Ana Lena Rivera naceu en Oviedo en 1972 e estudou Dereito e Administración de Empresas en ICADE, en Madrid. Despois de vinte anos como directiva nunha gran multinacional, cambiou os negocios pola escritura, a súa grande paixón, coincidindo co nacemento do seu fillo, Alejandro. Canda el naceu tamén Gracia San Sebastián, a investigadora protagonista da súa serie de intriga.

 

A novela "Lo que callan los muertos" narra unha historia de misterio ambientada en Oviedo e protagonizada por unha investigadora de fraudes. Gracia San Sebastián renunciou a unha exitosa carreira laboral en Nova York e regresou xunto ao seu home, Jorge, ao seu Oviedo natal para exercer de investigadora de fraudes á Seguridade Social. O caso que a ocupa está relacionado co cobro da pensión dun militar que sobrepasa os cento doce anos, cifra moi sospeitosa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress