Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de febrero de 2019 | Leída 24 veces

O paro baixa en Galicia en máis de 15.000 persoas mentres que a contratación indefinida sobe nun 7,71%

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou onte os datos do paro rexistrado na visita que realizou á empresa Segundo Rey en Ames, dedicada á venda de cociñas, baños e cerámica. Destaca que Galicia conta con 15.086 parados menos que hai un ano situándose o nivel de desemprego en cifras moi inferiores ás de hai unha década e superando o ritmo de baixada do Estado en 2,45 puntos. As afiliacións continúan aumentando, nun 1,94% con respecto a hai un ano, encadeando case cinco anos de subidas consecutivas. Con respecto ao incremento de paro rexistrado na comparativa mensual, sinalou que nos meses de xaneiro soben ao longo de toda a serie histórica, desde 1996. Toca pon en valor que a caída do desemprego vén aparellada da consolidación do tecido empresarial galego, que cada vez produce máis e mellor...

[Img #47657]

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou onte os datos de paro rexistrado nunha visita que realizou á empresa Segundo Rey emprazada en Ames e dedicada á venda de cociñas, baños e cerámica. Destacou que Galicia está a consolidar o emprego creado nos últimos anos, xa que o desemprego na evolución anual continúa baixando, mentres que as afiliacións e a contratación indefinida e tempo completo seguen aumentando.

 

Deste xeito, Galicia comezou o ano 2019 con 15.086 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -7,94% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en xaneiro de 2009 había 201.316 parados fronte aos 174.800 do pasado xaneiro. Ademais, a caída de Galicia é superior a do Estado en 2,45 puntos, xa que en España o paro baixou nun 5,49%. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de xaneiro. O desemprego tamén baixou nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, parados de longa duración e mulleres.

 

A secretaria xeral de Emprego tamén puxo en valor que as afiliacións continúan aumentando, nun 1,94% na comparativa anual, situándose a un nivel superior ao de hai 8 anos e encadeando case cinco anos de subidas consecutivas. Con respecto á contratación indefinida, aumentou nun 7,71%, a un ritmo moi superior ao reflectido no Estado, en case tres puntos. Ademais, os contratos indefinidos creceron en Galicia 5,59 puntos máis que os temporais. A tempo completo tamén medran, nun 3,11%.

 

En canto á evolución mensual, Toca indicou que o aumento rexistrado é a segunda subida máis baixa desde o inicio da crise económica no ano 2008. Explicou, ademais, que o paro aumenta en xaneiro ao longo de toda a serie histórica, desde 1996 e que o crecemento do mes pasado é moi inferior á subida media reflectida en xaneiro dos últimos 10 anos. Con respecto a decembro, a contratación aumentou en Galicia en maior medida que no Estado, en 5,37 puntos máis e, ademais, a indefinida creceu nun 31,63%, 19,2 puntos por encima do crecemento dos contratos temporais. A tempo completo incrementouse nun 21,55%.

 

Para Toca, a caída do desemprego vén aparellada da consolidación do tecido empresarial galego que cada vez produce máis e mellor. Afirmou que a máxima do Goberno galego é seguir fortalecendo ás empresas galegas para que creza a súa competitividade, o que repercutirá na creación de emprego en Galicia e na mellora da súa calidade. Destacou que aínda queda moito esforzo por facer e que, por iso, a Administración autonómica segue impulsando as políticas activas de emprego e continúa traballando con estabilidade e certeza.

 

Os datos acadados este mes demostran, en palabras da secretaria xeral, que a calidade do mercado laboral galego está mellorando. “Contamos con máis emprego indefinido e a tempo completo na evolución anual e mensual”, engadiu. Por último, lembrou que os datos da EPA reflectiron que case 3 de cada 4 asalariados galegos son indefinidos (74,03%), sendo o 95% do emprego creado indefinido. Tamén recordou que a taxa de paro é a mellor da última década.

 

Por último, Toca indicou que o Goberno galego seguirá por este camiño para fixar as bases do emprego do futuro e para desenvolver políticas que xiren en torno á innovación e á formación para consolidar o emprego, atraer investimento a Galicia e chegar a novos mercados.

 

Paro por provincias e sectores

Por provincias, na evolución anual, Lugo liderou a caída (-8,72%), seguida de Pontevedra (-8,28%), A Coruña (-8,21%) e Ourense (-5,02%). Por sectores, destacou a baixada na construción (-18,19%), seguida da industria (-8,90%), da dos servizos (-6,31%) e da agricultura e a pesca (-6,24%).

 

Con respecto aos colectivos que máis dificultades teñen para atopar un traballo, descendeu nun -7,39% entre os menores de 30 anos; nun -12,78% nos parados de longa duración; e nun -6,64% nas mulleres.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress