Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de febrero de 2019 | Leída 27 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubes deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

Un total de 94 clubs coruñeses que participan en competicións do máis alto nivel en todas as especialidades deportivas reciben apoio económico da Deputación…

A Deputación da Coruña destina 1.013.208,48 euros a apoiar aos clubes deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

 

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada o pasado venres no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 94 clubes coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel.

 

A media das axudas supera os 10.000 € por equipo. As subvencións oscilan entre os 150.000 € que recibe o Hockey Club Liceo ou os 125.000 do Club Basquet Coruña, clubes con maior número de socios, até os 1.817 € que percibirá o Club de Pesca do Barbanza, os 1.972 € do Judo Club Cambre ou os 2.204 € da Agrupación Deportiva de Tenis de Mesa de Zas.

 

O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, Antonio Leira, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés”.

 

Clubs Beneficiarios

Importe Subvención
Club Baloncesto Culleredo 5.000,00
Club Beisbol y Sofbol Cambre 7.000,00
Club Ciclista Cambre 12.000,00
Club Laracha C.F. 10.000,00
Club Natacion Arteixo 5.000,00
Club Patin Axel Arteixo 3.000,00
Club Patinaxe Alquimia de Carral 5.000,00
Club Union Deportiva Paiosaco 10.000,00
Dobok Escuela de Taekwondo 5.000,00
Judo Club Cambre 1.972,97
Triatlon Arteixo 5.000,00
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress