Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 5 de febrero de 2019 | Leída 40 veces
NATACIÓN

Os alevíns de Arteixo 7º posto en Pontevedra

Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego Alevín de Clubs. O Club Natación Arteixo obtivo bos resultados, está entre os dez mellores de Galicia na clasificación por clubs, e finalizaron o campionato con un total de seis medallas a nivel individual…

[Img #47651]

 

Este era un Campionato por Clubs, onde o principal era a clasificación do equipo, que foi da seguinte forma: masculina 9º, feminina 8º e na conxunta 7º posto. Grandes resultados para estes 11 nadadores/as, que destacaron sobre todo pola súa actitude de equipo, gran compañeirismo, ánimo continuo, apoio incondicional... isto fai a este grupo grande, e suporá de seguro, que mellore cara o campionato de verán, aumentando en número e calidade de participantes.

 

As remudas, que participamos en todas, acadaron os seguintes postos: 4x100 libre, 9º masculino, 12º feminino; 4x200 libre, 8º masculino, 10º feminino; 4x100 estilos, 7º masculino, 6º feminino.

 

No plano individual hai que destacar os seis metais acadados na categoría de 12 anos. Eva Sánchez foi ouro en 100 e 200 costas, prata en 100 libre e bronce en 400 libre. Carmela Lareo obtivo bronce nas probas de 100 e 200 braza.

 

Esta é a base do Club Natación Arteixo, está mellorando a boa marcha, seguro que en verán voltarán con máis e mellores sorpresas deportivas.

 

[Img #47652]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress