Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de febrero de 2019 | Leída 26 veces

Medio Rural destina 2,16 millóns de euros a financiar o coidado de plantacións forestais subvencionadas nos últimos anos

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria para 2019 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Feader nos anos 2016 e 2017...

[Img #47638]O Diario Oficial de Galicia publicou onte unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

 

Os beneficiarios destas primas serán unicamente os titulares de plantacións forestais subvencionadas pola Xunta antes do 31 de decembro de 2018 ao abeiro das ordes de axudas para a reforestación correspondentes aos anos 2016 e 2017 e que soliciten as achegas previstas nesta orde.

 

Estas primas teñen como finalidade contribuír ao coidado, mantemento e demais traballos forestais posteriores á plantación, financiando os labores cunha axuda anual nos primeiros anos de existencia dos cultivos realizados.

 

As accións previstas financiaranse cun importe total de 2,16 millóns de euros, a razón de 720.000 euros anuais en 2019, 2020 e 2021. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress