Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de febrero de 2019 | Leída 16 veces

A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente de contratación do novo contrato do servizo de axuda no fogar

Terá unha duración de catro anos e unha achega municipal superior aos 811.000 euros por exercicio. Solicítase a participación no programa APROL Rural da Xunta de Galicia para a contratación de 4 persoas que formen as cuadrillas medioambientais. O Concello tamén propón acollerse a programas da Deputación para contratar persoal técnico...

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada onte acordouse iniciar a novo expediente de contratación do servizo de axuda no fogar (SAF), tanto en réxime de dependencia como de libre concorrencia. Nos próximos días os pregos que rexerán o procedemento serán publicados nos boletíns oficiais e tamén no perfil do contratante, abríndose nese momento o prazo para que as empresas licitadoras poidan presentar as súas propostas.

 

O novo contrato do SAF terá unha duración de dous anos máis outros dous prorrogables. En cada exercicio o Concello da Laracha achegará 811.417,80 euros para o financiamento deste servizo.

 

O SAF é un programa de xestión municipal fundamental de apoio ás persoas con mobilidade reducida. Consiste na prestación dun conxunto de atencións no seu propio domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que os usuarios teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar. Trátase dun servizo de carácter complementario e transitorio, que non desvincula ás familias das súas responsabilidades, e cuxas finalidades esenciais son mellorar a calidade de vida das persoas posibilitando a permanencia no seu entorno de convivencia habitual e potenciando a autonomía persoal no domicilio.

 

Ademais, na sesión da Xunta de Goberno acordouse presentar propostas á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña para acollerse a programas de contratación de persoal para prestar servizos de interese xeral.

 

Por unha banda, o Concello da Laracha mostra o seu interese por beneficiarse do programa APROL Rural da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A proposta consiste na contratación de catro peóns a xornada completa e durante un período de nove meses para formar as cuadrillas medioambientais municipais encargadas do servizo de mantemento e valorización de zonas verdes públicas.

 

Por outra parte, preséntanse dúas propostas á Deputación da Coruña para o cooperar no cofinanciamento dos gastos derivados da contratación dun técnico de deportes e outro especializado en turismo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress