Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de febrero de 2019 | Leída 21 veces
Deputación da Coruña

González Formoso espera que o estatuto que prepara o Goberno para apoiar ás electrointensivas “saia pronto” e permita mellorar a competitividade da industria

O presidente reitera o apoio da Deputación á plantilla de Alcoa. O presidente do comité de empresa pide “unha tarifa transaperente e predecible para unha industria coma a nosa, que non deixe excusas para que se invista nas plantas”…

[Img #47636]

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado provincial e portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, reuníronse onte pola mañá na sede da institución provincial co comité de empresa de Alcoa.

 

Ao remate da reunión, González Formoso reiterou o apoio da Deputación ás demandas dos traballadores e manifestou o seu desexo de que o estatuto que prepara o Goberno para apoiar á industria electrointensiva “saia canto antes non sexa un simple parche para uns meses, senón que permita que Alcoa e todas as empresas que dependen do consumo eléctrico podan ter unhas condicións que lles permitan manterse competitivas e garantir o seu futuro”.

 

O presidente provincial confirmou que nas pasadas semanas mantivo diversas conversacións con altos responsables do Ministerio e que lle consta que “están apurando a redacción deste estatuto”.

 

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña, Juan Carlos López Corbacho, afirmou que o a plantilla demanda “un estatuto para as empresas electrointensivas en condicións que, como dicía o presidente, non pode ser un parche, senón unha solución que cree un escenario atractivo para un posible inversor”.

 

“Ten que haber unha tarifa transparente e predecible para unha industria como a nosa, que non deixe excusas para que non se invista nas plantas”, afirmou López Corbacho, que apuntou que “na comarca existen máis empresa” afectadas polo que “necesitamos que todo o mundo se implique na busca dunha solución”.

 

Reunión o día 5 en Madrid

López Corbacho afirmou que “o Ministerio fixo unha proposta pública para que as empresas electrointensivas acheguen as súas propostas para ese estatuto e nos consta que están traballando xa nesa regulación” e avanzou que os traballadores “estaremos o día 5 en Madrid co Ministerio, a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias para buscar solución para as plantas da Coruña e Avilés e “falaremos sobre esta regulación que se está empezando a coser”.

 

“É moi pronto para falar, pero por primeira vez os traballadores imos estar sentados nesa mesa e discuitir cal é a mellor solución para o futuro planta , o cal nós valoramos”, afirmou o representante dos traballadores de Alcoa.

 

Mobilización mañá en Vigo

O presidente do comité de empresa avanzou que mañá se mobilizarán en Vigo “pola falta de políticas de protección á industria”. “Non pode ser que non nos permitan fabricar en determinadas condicións, pero se permita a entrada no país de productos fabricados nas condicións que a nós nos prohíben”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress