Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 2 de febrero de 2019 | Leída 178 veces

Martín Seco: “Para nós é unha noticia importante e ilusionante anunciar a integración de TeGa no proxecto socialista de Arteixo

O voceiro socialista estivo acompañado por Pablo Arangüena, vicesecretario xeral do PSdG, e José Manuel Lage, secretario de Organización Provincial, e por Charo Figueiras que enfatizou qu desde hai meses, membros e simpatizantes de TeGa vían con bos ollos a integración nun proxecto no que se senten identificados. Un proxecto ilulsionante para Arteixo”...

[Img #47634]“Unha noticia importante e ilusionante”, así calificou Martín Seco, voceiro do PSdG-PSOE de Arteixo, o anuncio da incorporación ao proxecto socialista de todos e todas as integrantes de TeGa, durante a rolda de prensa que tivo lugar onte na Casa do Pobo de Arteixo.

 

“Cremos nun proxecto e nunha lista centrado nas persoas e nos servizos que se lle poden dar, distinto ao de agora, que está acabado, que inclúa a xente que ven de fóra, independentes e doutras formacións co que poidamos ter un proxecto que poña no centro ás persoas e que sea alternativa de goberno”, indicou Seco, quen engadiu que “todas as persoas que desexen un camio teñen o seu espazo no PSOE”.

 

Pola súa banda, Charo Figueiras indicou que dende hai meses, “desde hai meses, membros e simpatizantes de TeGa vían con bos ollos a integración nun proxecto no que nos sentíamos identificados. Un proxecto ilusionante para Arteixo”.

 

Neste liña engadiu que coincidían “nun 99%, e sobre todo na idea de priorizar aos veciños de Arteixo e as súas necesidades e o goberno de agora non é capaz. Somos máis eficaces e máis importantes para sumar, xuntos que por separado”.

 

Tanto Pablo Arangüena, vicesecretario xeral do PSdG, como José Manuel Lage, secretario de Organizaación Provincial, destacaron que “o PSOE é a casa de todas as persoas progresistas e que teñen valores progresistas”. “Aplaudo este acordo, é o momento de cooperar e poñer en dúbida ese minifundismo ao que estamos tan acostumados en Galicia”, concluíu Lage.

 

Por último, tanto Figueiras como Seco destacaron que en ningún momento da negociación se puxeron enriba da mesa números ou postos na candidatura. “É un acordo de proxecto, aínda que eu, cando chegue o momento, pedirei á corporación local que Charo vaia detrás do candidato”, subliñou Seco.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress