Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 31 de enero de 2019 | Leída 11 veces

A Xunta achegará 16 M€ aos concellos galegos para ampliar, mellorar ou manter os seus camiños municipais

Os interesados terán un mes de prazo dende mañá para solicitar as axudas...

[Img #47623]

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a resolución da Consellería do Medio Rural –a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)– coas axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020. O orzamento previsto é de 15,9 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades de 7,99 millóns cada unha. Os gobernos locais terán un mes a partir de mañá para presentar a súas solicitudes.

 

O obxectivo destas achegas é facilitar a ampliación, a mellora ou o mantemento dos camiños municipais, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

 

O importe mínimo para cada unha das actuacións (calculado sobre a base do orzamento de execución material máis os gastos xerais e beneficio industrial) deberá ser igual ou superior a 6.000 euros. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2019 será o 16 de setembro deste mesmo ano. Para a anualidade 2020, o prazo límite será o 1 de xuño dese ano.

 

Respecto ao reparto de fondos, Agader acordou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de distribución cunha base fixa de 15.000 euros por concello, en función de conceptos como o número de habitantes, a superficie, o peso do agro así como o grao de envellecemento ou despoboamento de cada localidade. Ademais contémplase un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress