Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de enero de 2019 | Leída 22 veces

O conselleiro de Sanidade apela á solidariedade dos cidadáns para aumentar as doazóns de sangue especialmente dos grupos a positivo e cero negativo

Almuiña doou onte na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro. ADOS achegarase esta semana ata corenta concellos galegos co obxectivo de obter entre 400 e 500 doazóns diarias...

[Img #47616]

 

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, doou sangue onte nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañado pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García.

 

O conselleiro apelou á xenerosidade e solidariedade dos cidadáns para que doen sangue, xa que este período do ano coincide cos picos de enfermidades coma a gripe, que diminúen a base de potenciais doadores de sangue e teñen diminuído as reservas dalgúns grupos sanguíneos.

 

Grupos sanguíneos

Almuiña salientou que, coma sempre, o chamamento é xeralizado á participación de todos os doadores e doadoras, pero, nestas semanas, estase a precisar un aumento de doazóns dos grupos A Positivo; o máis común entre a poboación galega, e do Cero Negativo; popularmente coñecido como doador universal.

 

O conselleiro lembrou que, ao longo da presente semana, as unidades móbiles de ADOS visitarán 40 concellos galegos para facilitar o acceso á doazón dos cidadáns, un esforzo significativo ao que hai que engadir a posibilidade de participar nos sete locais permanentes de atención ao doador de sangue, existentes nas sete grandes cidades galegas.

 

Campañas informativas

A Consellería de Sanidade lembra que a Axencia de Doazón de Sangue e Órganos desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

 

Para iso, pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.es; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress