Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de enero de 2019 | Leída 46 veces

A Mesa educativa e sanitaria sobre violencia de xénero contou por primeira vez con representación do poder xudicial

Formou parte da mesma Iván Barallobre, xuíz titular do Xulgado de Instancia e Instrució número 1 de Carballo. Contouse tamén con representación do Concello, CIM, Garda Civil, centro de saúde, IES Agra de Leborís e CEIPs da Laracha, Paiosaco e Caión. Repasáronse os mecanismos de coordinación ante casos de violencia de xénero e violencia doméstica...

[Img #47615]O salón de plenos do Concello da Laracha acolleu onte unha nova reunión da Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino. A sesión foi copresidida polo alcalde, José Manuel López Varela, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao. Tamén estiveron presentes, tal e como é habitual, a concelleira de Muller, Rocío López, e os directores e orientadores do IES Agra de Leborís e dos tres colexios do municipio (CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión). Ademais, deuse á benvida a Paula Pérez e Ana Lamas (coordinadora e pediatra do centro médico), a Víctor Manuel Palmero, sarxento da Garda Civil e novo comandante do posto da Laracha, e a Iván Barallobre, o xuíz titular do Xulgado de Instancia e Instrución número 1 de Carballo. Por tanto, nesta sesión contouse por primeira vez cun membro en representación do poder xudicial. 

 

Entre as cuestións que se abordaron a máis importante foi reforzar os mecanismos de coordinación entre os integrantes da Mesa e os protocolos a seguir ante a detección de posibles casos de violencia de xénero ou de violencia no ámbito doméstico.

 

Os profesionais dos diferentes sectores tiveron a oportunidade de presentar, debater e resolver as súas dúbidas ao respecto co obxectivo de que, no caso de darse unha situación desas características, poidan darlle resposta inmediata dun xeito coordinado e eficaz.

 

A Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero está dividida en dúas mesas sectoriais. A de coordinación policial, que conta con representación da Policía Local e da Garda Civil, reunírase no día de onte tamén co propósito de reforzar os mecanismos de coordinación. En ambos casos, as próximas xuntanzas –que se celebran con carácter trimestral- quedaron fixadas para principios do mes de maio.

 

Unha vez máis, desde o Concello da Laracha mostra o agradecemento a todos os sectores profesionais representados nestas mesas pola súa total disposición para traballar xuntos na loita contra a lacra social da violencia de xénero e a violencia dómestica, labor no que o noso municipio é un referente en Galicia polas iniciativas que se levan a cabo ao longo de todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress