Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de enero de 2019 | Leída 23 veces
BALONCESTO

Crónica Xornada CB Laracha

Senior femenino. Senior masculino. Junior Femenino…

[Img #47611]

 

Senior femenino

CB Laracha Nova Facil 70 - 29 AX Sagrado Corazón


Anotación: Jessi Viña(7), Mili Rodríguez (2), Luci Díaz(8), Bibi Díaz(4), Lucía Graña(8), Ana Aldao(2), Martina Loureiro(21), Renata Gonzalez, Irene Velo (18, 4 triples).

 

Parciais: 18-7, 24-5, 17-11, 11-6

 

Comezou a segunda volta da competición para o Laracha cun partido que se prevía duro ante un equipo intenso pero que as nosas controlaron dende os primeiros instantes.

 

O partido comezaba cun laracha que encontraba tiro pero non acerto o que permitía as luguesas poñer o marcador ao seu favor nun 0-4. A partir desde momento as larachesas comezaron a enlazar boas defensas acompañadas de rápidas transicións o que posibilitaba anotar con facilidad e coller o bo ritmo dos últimos econtros. Remataría o primeiro parcial 18-7.

 

O segundo cuarto seguiría a mesma tónica favorable para as nosas que se amosaban intratables e só permitían anotar 5 puntos as luguesas polos 24 das locais o que mandaría o partido o descanso cun 42-13 moi complicado para as visitantes.

 

Tralo paso polos vestiarios o laracha alternou defensas e perdeu efectividade na presión o que permitiu anotar con maior facilidade as de lugo mais o ataque seguía sendo moi productivo combinando un bo xogo estático con contraataques e deixando grandes accións tanto combinativas como individuais. Este parcial remataría 17-11.

 

O último cuarto foi o máis igualado pero a consistente defensa unha vez máis deixaba as visitantes es 6 puntos rematando o encontro cun 70-29.

 

Cabe destacar a ampla anotación das nosas nos últimos partidos que atopan con cada vez máis facilidade o aro grazas o bo plantexamento do xogo estático e a orde dos contraataques.

 

O seguinte partido do Laracha será na casa contra o Betanzos logo de duas semanas de descanso.

 

Senior masculino

CB Laracha M3 77 - 64 Adfro
 

Xogaron: Carlos S.; Aitor G.; Jota; Juan; Bruno – cinco inicial – Jesús; Abel; Rubén C.; Luis; Brais; Tato.

 

Partido correspondente á décimo segunda xornada do campionato ligueiro saldada con victoria a favor do plantel adestrado por Javier Cotelo.

 

Pouco foi o baloncesto que se puido ver este fin de semana no Agra de Leborís, pois quizáis se presenciase o peor partido do equipo local no que vai de tempada. O C.B. Laracha comezou así a segunda volta do campionato ligueiro amosando un baloncesto falto de ideas en ataque e frouxo en defensa, a pesar de ter o dominio do rebote. Malia todo isto o equipo mantivo a vantaxe no marcador de comezo a fin do partido a base de ataques rápidos e xogadas individuais. No tocante á defensa, as penetracións dos xogadores visitantes creaban espazos na defensa dos laracheses que aproveitaron os seus xogadores interiores, reducindo en certos lances do partido a vantaxa no marcador ata os 6 puntos.

 

Cura de humildade e partido a ter en conta para aprender dos erros e traballar de cara aos seguintes partidos, xa que o equipo larachés se enfrontará a algúns dos rivais máis duros da liga hai moito en xogo.

 

Con esta victoria o plantel larachés ponse quinto na clasificación a falta de que o resto de equipos da parte alta descansen, aínda así a diferenza co lider é de tan só un punto. Isto garantiza que cada partido ata o final da liga será prácticamente unha final.

 

Junior Femenino

Basquet Coruña Leyma J 82 – 21 CB Laracha Centro Bucodental

Anotacións: Carla (8), Helena, Lucía T., Laura(5), Ana (8).


Parciais: 16-4, 18-5, 20-2,28-10.


O encontro comezaba cun Laracha activo en defensa facendo así que os ataques por parte do Basquet Coruña non foran moi eficaces. Non obstante as nosas xogadoras non presentaban esa eficacia en ataque o que facia posible que o equipo contrincante tivera posibilidades de roubos e contraataques rápidos. Así enton reflexaríase a distancia no marcador cun parcial de 16-4.


No segundo cuarto as larachesas non conseguían frear a un Basquet Coruña moi rodado en ataque conseguindo mover a zona e contando cun excelente tiro exterior. Ademais de isto as junior do equipo contrincante contaban con unha vantaxe física moito maior que as nosas junior xa que as larachesas contaban unicamente con 5 xogadoras. A pesar de esta situación conseguían alguna situación de finalización. O resultado de este parcial sería 18-5. 


No seguinte cuarto reflexabase nas nosas junior o cansancio e a falta de cambios no banquillo. Cabe destacar que neste cuarto as nosas tiveron que xogar con catro durante uns minutos xa que unha das nosas recibiu un doloroso golpe, a isto o equipo rival reaccionou de maneira honrosa deixando tamen unha das suas no banco. O Basquet Coruña seguía contando cun excelente tiro exterior o que sempre era eficaz. Igualmente as larachesas non se relaxaban en defensa e non baixaban os brazos. Respeto en ataque, víase un pouco de descrontol co que o resultado de este parcial sería de 20-2. O último cuarto seguiría a tónica dos anteriores. 


Un Basquet Coruña voy efectivo en ataque e defensa e un laracha moi cansado pero que non baixou os brazos ata o final. Finalizaba o partido e este cuarto cun parcial de 28-10.

 

[Img #47612]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress