Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 27 de enero de 2019 | Leída 23 veces

Comezan as obras de apertura da nova estrada que comunicará a estrada a Laracha-A Silva coa de Soandres

Enlazará, pola parte posterior do IES Agra de Leborís, a Avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª Travesía Doutor López Astray. O proxecto está valorado en 50.000 euros. O Concello tamén impulsará a creación de novos equipamentos deportivos nesta zona do núcleo urbano da Laracha...

[Img #47594]

 

Xa están en marcha as obras de execución do proxecto que ten por finalidade a apertura e dunha rúa de novo trazado no núcleo urbano da Laracha que enlazará a Avenida Manuel Fraga Iribarne coa 1ª Travesía Doutor López Astray.

 

Nestes momentos estase avanzando na escavación do terreo para a creación da caixa de ensanche da plataforma da calzada, que incluirá o afirmado parcial da mesma e tamén a  rede de recollida de augas pluviais.

 

O Concello da Laracha promove e financia integramente esta actuación, valorada en 50.000 euros, para crear unha circunvalación que conecte directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada de A Laracha-Soandres (DP-1913), mellorándose sensiblemente as comunicacións rodadas ao evitar que os vehículos deban acceder polo centro do casco urbano da Laracha.

 

A nova estrada discorrerá pola parte posterior do IES Agra de Leborís e precisamente o proxecto é unha das actuacións previstas no Plan Especial de equipamentos educativos deste centro. O Concello da Laracha iniciou as obras unha vez concluído o procedemento de expropiación dos terreos afectados por dito plan, que foron 9.500 metros cadrados de superficie repartidos en nove parcelas. A adquisición supuxo un gasto de 57.539,57 euros.

 

Ademais da apertura da nova vía, o Concello da Laracha tamén promoverá novos proxectos para crear neste lugar equipamentos deportivos de titularidade municipal e de uso libre para a cidadanía.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress