Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 26 de enero de 2019 | Leída 15 veces

O goberno local elevará ao Pleno a adhesión ao pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía

Tamén se proporá a adhesión ao Proxecto Anllóns. Mostrarase o apoio institucional á candidatura da Asociación para a Xestión do Xeoparque Costa da Morte para ser integrado na rede da UNESCO. A sesión plenaria celebrarase o próximo xoves...

O Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro celebrarase o xoves da próxima semana. Os asuntos que o grupo de goberno propuxo para elevar a esa sesión foron sometidos hoxe ao correspondente ditame da Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno.

 

Unha desas cuestións será a proposta de adhesión ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. En virtude do pacto, o Concello da Laracha comprometeríase a reducir as emisións de CO2 nun mínimo do corenta por cento de aquí a 2030 a través da mellora da eficiencia enerxética e promovendo un maior uso das fontes de enerxía renovables, así como a aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

 

Tamén se elevará ao Pleno a proposta de adhesión ao Proxecto Anllóns a través do convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e os diferentes municipios que forman parte desta iniciativa (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso). Faríase a través dunha comunidade intermunicipal coa que se crearía un espazo de cooperación no que serían consensuadas e deseñadas as actuacións concretas a levar a cabo para traballar no desenvolvemento turístico e posta en valor do río Anllóns e o seu entorno. Os representantes do Concello da Laracha no Consello de Dirección serían o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Cultura, Deportes, Educación e Turismo, Patricia Bello.

 

Ademais, proporase acordar o apoio institucional do Concello da Laracha á Asociación para a Xestión do Xeoparque Costa da Morte na súa candidatura para ser integrado na Rede de Xeoparques Mundiais da UNESCO. O fin esencial desta iniciativa é o desenvolvemento sostible e equilibrado do territorio con especial apoio nos seus valores xeolóxicos, naturais, patrimoniais e culturais mediante a posta en marcha de accións, programas, actividades e iniciativas de interese xeral.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress