Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de enero de 2019 | Leída 12 veces
Deputación da Coruña

ButacaZero levará á escena a obra de Ernesto Is sobre María Casares, gañadora do Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña

Financia a produción e exhibición do espectáculo que, de saída, se estreará na Coruña e se representará en tres concellos máis...

[Img #47586]

 

A Deputación da Coruña financia a produción e posta en escena da obra gañadora do Premio Rafael Dieste que na última edición gañou Ernesto Is con "Despois das ondas". A autora e directora Esther F. Carrodeguas será a encargada da produción do espectáculo a través da súa plataforma ButacaZero, ao gañar o concurso aberto convocado pola Deputación.

 

"Despois das ondas", de Ernesto Is, a obra que xira arredor da vida de María Casares, chegará antes do verán aos escenarios producida por Esther F. Carrodeguas, gañadora do concurso convocado pola Deputación da Coruña para representar a peza gañadora do Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais.

 

Ademais de Esther  F. Carrodeguas como produtora, o equipo estará composto por Xavier Castiñeira Blanco como director e o propio autor, Ernesto Is, en calidade de axudante de dirección e responsable da dramaturxia En escena estarán Belén Constenla e Nerea Brei, encarnando a María Casares nas diferentes etapas da vida da aclamada actriz, e Sonsoles Cordón que interpretará diferentes personaxes que acompañaron a vida de Casares, ademais de, en tanto que performer, asumir partes de danza.

 

Na proposta presentada a concurso o teatro mesturarase co cinema, de maneira que o resultado estea a medio camiño entre un filme e unha obra teatral, ao igual que o estivo a vida profesional da actriz. O traballo audiovisual correrá a cargo de Roi Fernández (Sr. Pause Cinescapismo), que xa colaborara con Carrodeguas e Castiñeira en “Voaxa e Carmín”.

 

"Desde a área de Cultura da Deputación da Coruña estamos a facer un esforzo por difundir as obras gañadoras dos premios culturais e, no caso do teatro, faltaba un paso fundamental que era que a obra chegase ao público, que se representase nun espazo escénico que é o obxectivo fundamental das obras teatrais e, por iso, a representación forma parte do propio premio", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei que destaca tamén o interese de levar de novo a figura de María Casares á escena. "Neste pasado ano fixemos un programa de visitas guiadas ao Teatro Colón coa propia María Casares como protagonista e tivo un resultado extraordinario, agardamos que esta obra que recupera a súa memoria biográfica e artística tamén o teña", engade Goretti Sanmartín.

 

A obra percorre as distintas etapas da actriz nacida na Coruña, desde a súa infancia galega pasando polo exilio en Francia, a relación co seu pai Santiago Casares Quiroga e a súa nai Gloria Pérez, o amor con Albert Camus, os éxitos no cine e no teatro europeo, a viaxe a Bos Aires onde entra en contacto co exilio galego ou o regreso a Madrid para representar El Adefesio de Alberti.

 

A Deputación da Coruña achega por contrato unha cantidade de 67.000 € para a produción e representación da obra que será estreada no Teatro Colón da Coruña e da que se realizarán ademais tres funcións en tres concellos distintos da provincia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress