Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de enero de 2019 | Leída 10 veces

O Concello realiza a poda das árbores do campo da feira de Paiosaco

As actuacións mellorarán a estética do recinto e facilitarán o desenvolvemento da actividade comercial. A continuación acometeranse traballos de similares características no casco urbano da Laracha. Ademais, realízanse as oportunas actuacións de mantemento nas prazas públicas e na área recreativa de Gabenlle...

[Img #47585]

 

A nova empresa concesionaria do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes –Jardinería Arce- iniciou, a instancias do Concello da Laracha,  os traballos referidos á poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco, incluíndo a súa retirada e transporte.

 

Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal como as prazas do Concello e Maximino Canedo.

 

Paralelamente tamén se están acometendo os oportunos labores de mantemento no resto de prazas públicas dos núcleos urbanos e das parroquias, así como unha completa actuación na área recreativa de Gabenlle.

 

Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas zonas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilitará a o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress