Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 24 de enero de 2019 | Leída 33 veces

Feijóo salienta que antes de finalizar o mes de marzo a Xunta terá publicadas 30 liñas de axuda por valor de 100 millóns de euros para o tecido económico empresarial e autónomo de Galicia

Este mes sairán publicadas as axudas, con 14 millóns, para a promoción do emprego autónomo e a consolidación de pemes de nova creación de base tecnolóxica. “Neste momento estamos a traballar en dúas ordes que mobilizarán sete millóns de euros para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais e para crear viveiros industriais; así como nunha convocatoria para impulsar a eficiencia enerxética”, di. Destaca que, con este obxectivo, a Xunta está a celebrar en varios concellos galegos distintas reunións para dar a coñecer estes recursos...

[Img #47583]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que ata o vindeiro mes de marzo a Xunta terá publicadas 30 convocatorias de axudas á disposición de todo o tecido económico empresarial e autónomo de Galicia por un valor de 100 millóns de euros. E subliñou que, con este obxectivo, a Xunta está a celebrar en varios concellos galegos distintas reunións con empresarios, autónomos e emprendedores para dar a coñecer estas iniciativas que a Xunta ten en vigor.

 

“Neste momento estamos a traballar en dúas ordes que mobilizarán sete millóns de euros para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais e para crear viveiros industriais; así como nunha convocatoria para impulsar a eficiencia enerxética que mobilizará máis de 24 millóns de euros”, aseverou. A isto que hai que engadir que este mesmo mes sairán publicadas as axudas, con 14 millóns, para a promoción do emprego autónomo e a consolidación de pemes de nova creación de base tecnolóxica.

 

Durante unha visita ás novas instalacións de Fandicosta, Feijóo precisou que destas liñas xa están publicadas no DOG algunhas como o programa Galicia Inviste, para facilitar financiamento a 140 pemes galegas, cubrindo ata o 30% do investimento que vaian facer e coa previsión de mobilizar 40 millóns de euros.

 

Así mesmo lembrou que xa están convocadas, tamén, as axudas para impulsar a dixitalización das pemes galegas. Unha iniciativa que forma parte dun paquete máis amplo que se irá convocando en vindeiras datas e que permitirá mobilizar 70 millóns de euros para que a tecnoloxía dixital siga avanzando na industria e nas empresas galegas.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego aseverou que a Xunta seguirá apoiando o tecido empresarial galego, co obxectivo de que calquera empresa ou emprendedor poida acadar novos retos, novos obxectivos, innovar, facer plans de expansión e abrirse ao mercado internacional. Poñendo ao seu alcance todo un abano de recursos que teñen como finalidade incrementar a competitividade, ben sexa: impulsando a súa transformación dixital, con axudas para que poidan gañar cota de mercado internacional, promovendo a eficiencia enerxética, a contratación e a formación de profesionais nos seus cadros de persoal, ou mesmo con vantaxes no acceso ao solo industrial.

 

Neste mesmo sentido, o responsable autonómico referiuse a Fandicosta como un modelo de empresa que, en lugar de achicarse ante a adversidade, optou por poñerlle solución en tempo récord sacando partido dos seus puntos fortes, apostando pola versatilidade e mellorando as áreas de envasado, de refrixeración e de almacenamento, conseguindo ampliar o catálogo de produtos para satisfacer unha demanda máis heteroxénea e chegar a máis mercados.

 

Con presenza en máis de 34 países e máis de 25.000 puntos de venda en toda Europa, Fandicosta logrou en tempo récord recuperar os volumes de facturación previos ao sinistro; e, ao mesmo tempo, mirar aos próximos tres anos con novos e ambiciosos obxectivos que recolle o seu plan estratéxico como, por exemplo, acadar un nivel de facturación de 150 millóns de euros, ou chegar ao 70% no volume de vendas ao exterior.

 

Feijóo concluíu resaltando os datos de exportacións ata novembro, que constatan que a Comunidade segue crecendo por riba da media do Estado, un 7,2% fronte ao 3,4% do conxunto de España. E, ademais, neste período acadouse un superávit comercial de 3.677 millóns de euros, mentres que o conxunto do Estado ten unha balanza comercial negativa cun déficit de máis 30.000 millóns de euros.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress